Ciencia Que Conta

Presentación

CONCURSO

DE RELATOS CURTOS

RELACIONADOS COA CIENCIA


Cartel Concurso Contar coa Ciencia

Podedes consultar as Bases da Convocatoria e, o máis importante, o libro "Cienciaqueconta2013" onde podedes ler os relatos gañadores do ano pasado, especialmente deberíades consultar estes tres primeiros de secundaria que é a categoría na que ides competir. Toda a información no blog de cienciaqueconta.com


O relato realizarase en galego no procesador de textos de Google e o documento estará compartido con accionangel@gmail.com (ou sindo.fdez@gmail.com) de xeito que o poda editar, o arquivo (documento de texto) a compartir chamarase: CQC14_4X_nomeapelido (a X correspondente ao voso grupo: 4A, 4B, 4C, 4D ou 4E).



Para esta tarefa tedes dúas posibilidades:
  1. Crear un relato orixinal (susceptible de participar no concurso)
  2. Editar un dos relatos de secundaria/bacharelato do recopilatorio do ano pasado (queda excluído o gañador de secundaria que xa o fixen eu e tédelo nesta entrada do meu blog para que vos sirva de exemplo)