Eu de maior quero ser

Recursos Presentación

Neste capítulo falaremos do aspecto máis formal da tarefa: a Presentación.

Obrigatoriamente terás que facela con Google Slides, non ofrece todas as posibilidades de Open Office Impress ou Power Point pero dado o caracter de apoio á túa ponencia non vas precisar de efectos especiais, fondos musicais nin transicións espectaculares. Xa chegará o momento no que te poidas lucir coa túa creatividade.

Convén que botes unha ollada a estes "18 tips para una presentación genial" antes de comezar e tamén este artigo con consellos para unha presentación de diapositivas exitosa ou ben esta "Mini-Guía de Diseño", unha infografía de Alazne González.

Nos capítulos 11 e 12 deste curso de aulaClic sobre Google Docs terás unha axuda no caso de que te atasques, que non o creo, xa que é moi intuitivo. Sí pode ser que precises botarlle un ollo o capítulo 14 relativo a Compartir e Publicar cando teñas que inserir a presentación no teu blog ou seguir este titorial paso a paso: