REPASOS

REPASOS DE 3º DE ESO

Déixovos o enlace a un encrucillado. O que tedes que facer, é traducir ó galego as palabras que vos van saíndo ó calcar cada número.

3º DE ESO: REPASO DA 1ª LECCIÓN


  1. CITA AS CATRO EXCEPCIÓNS NA ACENTUACIÓN DAS PALABRAS AGUDAS. ESCRIBE TRES EXEMPLOS DE CADA EXCEPCIÓN.

  2. QUE TEN QUE PASAR PARA QUE DÚAS VOGAIS PECHADAS FORMEN UN HIATO?

  3. QUE TEN QUE PASAR PARA QUE UNHA VOGAL ABERTA E OUTRA PECHADA FORMEN UN HIATO?

  4. EXPLICA A ACENTUACIÓN DE: bíceps, xamais, coñacs, percibiu, avoa, viúvo, María.

  5. ESCRIBE OS TILES PRECISOS: constituir, el, que?, ademais, politico-militar, debilmente, albums, hockey, chofer, terribel, prexuizo, olimpiada, reptil, paxaro, ninguns, fuxiu, atmosfera, sa, Uruguai, si, nu, heroe, beirarrua, papeis.

  6. ESCRIBE A SOLUCIÓN A CADA INDICACIÓN:

  • Nome que lle dan os romanos ó noroeste peninsular.

  • Nome que reciben as linguas procedentes do latín.

  • Palabras celtas e preceltas que chegaron ó galego.

  • Palabras xermánicas e árabes que chegaron ó galego.

  • Palabra que está no idioma dende as orixes e que, ó ser moi empregada, evolucionou moito.

  • Palabra que se incorporou ó idioma tardiamente ou que foi pouco empregada, por iso evolucionou pouco.

  • Nome que recibe o galego medieval.


  1. DEFINE: monema, frase, texto, fonema, literatura popular, lenda, cantiga e romance.

  2. ESCRIBE UN SINÓNIMO: mágoa, sosego, desacougo, saudade, ledicia, aflición, lágrima, pranto, cariño.

  3. TRADUCE Ó GALEGO: aburrimiento, sonrisa, envidioso, compasión, carcajadas, risotada.

  4. EXPLICA O SIGNIFICADO DAS SEGUINTES FRASE FEITAS:

  • bágoas de crocodilo:

  • xear o sangue:

  • amor propio:

  • con mil amores:

  • chorar bágoas de sangue:

  • por amor á arte:

3º DE ESO: REPASO DA 2ª LECCIÓN

  1. Define: antropónimo, hipocorístico,til diacrítico, lexema, morfema derivativo, palabra, palabra derivada.

  2. Traduce ó castelán: Brais, Lois, Antona, Anxos, Tomé, Uxío, Henriqueta, Dores, Icía, Xandra, Denís.

  3. Escribe cinco antropónimos galegos que teñan diferente forma en castalán.

  4. Escribe cinco hipocorísticos.

  5. Indica o significado de: á, chá, dá, é, fóra,máis, nó, ó, póla, vén, présa, vós, cómpre, sé, ´bóla, dó.

  6. Completa:

  • Dúas vogais abertas forman hiato _ _ _ _ _ _.

  • Dúas vogais pechadas forman hiato e levan til se a forza recae na _ _ _ _ _ _ _.

  • Unha pechada e outra aberta, ou viceversa forman hiato e levan til se a forza recae na _ _ _ _ _ _ _ .

  • As palabras agudas levan til se rematan en _ _ _ _ _, _, _ ou _. Excepcións:
    - As rematadas en ditongo _ _ _ _ _ _ _ _ _ _.
    - As rematadas en ditongo _ _ _ _ _ _ _ _ _.
    - As rematadas en _ _ _ _ _ _ _ _.

  1. Escribe os tiles precisos:
    sandwich, beisbol, facilmente, epico-lirico, comunmente, ¿que queres?, quero este, maniaco-depresivo, foi el, para min, torax, biceps, got.(gotico),
    feo, aldea, Noe, avoa, aereo,
    rio, ruido, Maria, construir, Raul, lua, oir, viuvo, raiz,
    fuxiu, viviu, sobreviviu, durmiu,
    ademais, papeis, buscou, farois, marchei, xamais,
    Paraguai, liou, confiei.
    chofer, atmosfera, reptil, gladiolo, misil, neon, andabamos, alveolo, textil, termostato, rubeola, oboe.

  2. Completa:

  • As linguas romances na fala aparecen no S._ _.

  • Os primeiros textos literarios galegos son as _ _ _ _ _ _ _ _, que se recollen nuns libros chamados_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _.

  • As principais cantigas son as de _ _ _ _ _, de _ _ _ _ e de _ _ _ _ _ _ _ _ e _ _ _ _ _ _ _ _ .

  • As nosas cantigas inspíranse na lírica cortés _ _ _ _ _ _ _ _ _ e na lírica popular_ _ _ _ _ _ _ _ _ .

  • O galego medieval tamén se chama _ _ _ _ _ _ - _ _ _ _ _ _ _ _ _ porque tamén foi a lingua de _ _ _ _ _ _ _ _ .

  • A cantiga de amigo ten orixe _ _ _ _ _ _ _ .Está emparentada coa _ _ _ _ _ _.

  • As cantigas de amigo poden ser _ _ _ _ _ , _ _ _ _ _ _ _ , _ _ _ _ _ _ _ _ ou de _ _ _ _ _ _ _.

  • Nas cantigas de amigo adoita haber os seguintes recursos formais: _ _ _ _ _, _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ e
    _ _ _ _ _ _ _ _ .

9. Escribe estas palabras en galego moderno: olhos, minha, quer'o meu amigo, quero-vos, ajuda, gente, uã,coraçon, velida, parezer, assim, senhor:


3º DE ESO: REPASO DA 3ª LECCIÓN

  1. UNE OS VOCÁBULOS GALEGOS COS CASTELÁNS CORRESPONDENTES:
    lóstrego, néboa, folerpa, sarabia, trebón, fogaxe, orballo, nevarada, nubrado.
    nevada, bochorno, llovizna, rayo, niebla, granizo, copo de nieve, trueno, nublado.

  2. ¿A QUE CAMPO SEMÁNTICO PERTENCEN AS PALABRAS ANTERIORES?

  3. EXPLICA O SIGNIFICADO DESTAS EXPRESIÓNS:
    Nunca choveu que non escampase.
    Chove sobre mollado.
    Facer como quen oe chover:
    Chóvelle na cabeza.
    Nunca chove a gusto de todos.
    Contra vento e marea.
    Arrimarse ó sol que máis quenta.

  4. EXPLICA O XÉNERO DAS ÁRBORES FROITEIRAS E ESCRIBE SETE EXEMPLOS DA NORMA.

  5. INDICA O XÉNERO: legumes, iota, árbore, berce, traxe, análise, vertixe, sal, leite,

    sangue, cárcere, orde, equipaxe, arte, personaxe, síndrome, nariz, marxe, calor.

  6. EXPLICA A FORMACIÓN DO FEMININO DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS REMATADOS EN “AN”E DOS REMATDOS EN "ON".

  7. FORMA O FEMININO: xenro, touro, carneiro, cabalo, castrón, rapaz, pescantín,

    home, rei, galo, alcalde, artesán, cidadán, lambón, alemán, folgazán,humano, xuíz.

  8. EXPLICA A FORMACIÓN DO PLURAL DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS REMATADOS EN “L”

  9. FORMA O PLURAL: ril, iglú, bucal, chuchamel, cortés, fax, rei, inútil, vexetal, amor,

canción, dúplex, oasis, álbum, mandil, pastel, áxil, parasol, luz, hábil, sutil.

  1. PUNTÚA ESTE TEXTO:
    Ao cumprir once anos pedinlle que me levase con el nalgunha viaxe o meu pai sorriu aloumiñoume a cabeza e quedou coa mirada fixa no horizonte como elixindo nun mapa invisible o lugar ao que me levaría supoño que despois de barallar as cartas do destino decidiu que o acompañase ao gran deserto ao Sáhara

Paula Carballeira, Smara

  1. ESCRIBE OS TILES PRECISOS:
    sandwich, beisbol, facilmente, epico-lirico, comunmente, ¿que queres?, quero este, maniaco-depresivo, foi el, para min, torax, biceps, got.(gotico),
    feo, aldea, Noe, avoa, aereo,
    rio, ruido, Maria, construir, Raul, lua, oir, viuvo, raiz,
    fuxiu, viviu, sobreviviu, durmiu,
    ademais, papeis, buscou, farois, marchei, xamais,
    Paraguai, liou, confiei.
    chofer, atmosfera, reptil, gladiolo, misil, neon, andabamos, alveolo, textil, termostato, rubeola, oboe.

  2. CONTA O QUE SAIBAS DE: O PLURILINGUISMO, OS HIATOS, A COMA.

  3. CITA AS CARACTERÍSTICAS DO AMOR DA CANTIGA DE AMOR.

  4. CITA AS CARACTERÍSTICAS DA "SEHOR".

  5. CITA CINCO TEMAS CONCRETOS DO AMOR CORTÉS.

  6. CITA OS DOUS TIPOS DE CANTIGAS DE AMOR QUE HAI SE ATENDEMOS Á FORMA.

  7. DEFINE: DOBRE, MORDOBRE, ATA-FIINDA, FIINDA.


3º DE ESO: REPASO DA 4ª LECCIÓN


  1. Fíxoo tan ben como pensaba: POR QUE NESTA COMPARACIÓN TEMOS QUE POÑER OBRIGATORIAMENTE “COMO”?

  2. SUBLIÑA OS ADXECTIVOS DO TEXTO:
    “Entrou na sala con paso firme e compostura serena. Era unha moza loura, miúda, elegante, con gusto exquisito. O vestido era gris escuro, sen adornos e usaba un pequeno turbante cunha pluma branca.”

  3. TRADUCE Ó CASTELÁN: holgazana, espabilada, extrovertida, habilidosa, gandul, inquieto, cabezón, terco, rencorosa.


  4. ESCRIBE DEZ ADXECTIVOS MÁIS QUE FAGAN REFERENCIA Ó CARÁCTER DAS PERSOAS E QUE A SÚA FORMA SEXA DIFERENTE Ó CASTELÁN.

  5. León, comellón: COMO FORMAN O FEMININO ESTES ADXECTIVOS? POR QUE?

  6. Ti es máis alta ca min: POR QUE NESTA COMPARACIÓN TEMOS QUE POÑER OBRIGATORIAMENTE “CA”?

  7. Artesán, ourensán, ancián, cotián, lacazán: COMO FORMAN O FEMININO ESTES ADXECTIVOS? POR QUE?


  8. Azul, fácil, español: COMO FORMAN O PLURAL ESTES ADXECTIVOS? POR QUE?

  9. COMPLETA ESTA COMPARACIÓN: Gañou tantos cartos...........ti imaxinabas.

  10. Incapaces: DEMOSTRA QUE ESTA PALABRA É UN ADXECTIVO.

  11. DEFINE E ESCRIBE UN EXEMPLO: ADXECTIVO ESPECIFICATIVO, SUPERLATIVO ABSOLUTO, DIALECTO, PLURILINGUISMO.

  12. CALES SON AS DÚAS ORIXES DA CANTIGA SATÍRICA GALEGO-PORTUGUESA?

  13. EN QUE SE DIFERENCIA UNHA CANTIGA DE ESCARNIO DOUTRA DE MALDICIR?

  14. POR QUE SE DI QUE AS CANTIGAS SATÍRICAS TEÑEN GRAN VALOR HISTÓRICO E LINGÜÍSTICO?

  15. CITA OS TIPOS DE CANTIGAS SATÍRICAS QUE HAI E ESPECIFICA UN TEMA DE CADA TIPO.

  16. QUE É UNHA LINGUA OFICIAL? CALES SON AS LINGUAS OFICIAIS DE ESPAÑA?


3º DE ESO: REPASO DA 5ª LECCIÓN

  1. Define:

  • Xénero menor:

  • Menestrel:

  • Pastorela:

  • Barcarola:

  • "Cantigas de Santa María":

  • Coita:

  • Galego-portugués:

  • "A demanda do Santo Graal":

  1. Esplica as seguintes frases feitas:

  • Non ter arte nin parte:

  • Con malas artes:

  1. Traduce ó galego: grabado, petroglifo, cincel, artesana, encuadernar,

    volumen, estaño, caballete, lienzo, colores,

    mueblería, yeso, barniz, relieve, alfarero.

  2. Escribe os signos de puntuación precisos e as maiúsculas:

  • o entrevistado declarou o meu libro preferido é o señor dos aneis lino sendo moi novo

  • un destes dous días martes ou mércores iremos a sanxenxo

  • que tes ultimamente sempre estas anoxado non hai quen te ature

  1. Subliña os artigos e demostrativos presentes:

  • A miña nai mercou unha.

  • Uns nenos foron por aí.

  • Iso non che importa a ti.

  • A Madrid, non a levo.

  1. Escribe as formas contractas de:

  • O (art. det.):

  • ESES (dem.):

  • UNS(art. ind.):

  1. Corrixe o erro:

  • Esos dos que falas non estaban aí?

  • Foi ca mestra. Ían falar daquel asunto que ti xa sabes.

  • Non é dese; é dese outro. Dillo á rapaza.

  • Contestou con un xenio! Estaba máis doente ca o lobo!

  1. Elabora oracións coas seguintes formas especiais de demostrativos: DAQUELA, AQUELAR, NISTO.

3º DE ESO: REPASO DA 6º LECCIÓN


  1. Explica o xénero das árbores froiteiras. Escribe o nome de dez.


  2. Traduce ó galego: cereales, pinar, robledal, orégano, clavel, champiñón, brotar,

    encina, alcornoque, abedul, sauce, girasol, temprano, pepita.

  3. Define posesivo e escribe tres oracións con tres formas especiais de posesivo diferente:


  4. Escribe con letra:

  • 1/11:

  • 1/3:

  • 11ª:

  • 40:

  • 7º:

  • 85:

  • 538:

  • 17:

  • 34º:

  1. Corrixe o erro:

  • Miña amiga non é esa; esa é Helena:

  • Henrique agora gaña o triple de cartos:

  • Cada rapaz comeu cadanseu doce:

  • Si, el vive no primer piso:

  • Temos casa de nosa; máis bonita ca a vosa:

  • Que cara! Iso non é un tercio.

7. Define:

  • Galego medio:

  • Mecenas:

  • Séculos escuros:

  • Ilustrado:

  • Diglosia:

  • Panxoliña:

  • "Entremés famoso sobre a pesca no río Miño":

  • Pardo de Cela:

  • Monolingüismo:

  • Macías o Namorado:


3º DE ESO: REPASO DA 7ª LECCIÓN


1. TRADUCE Ó GALEGO: bambalinas, payaso, telón, tragedia, títere, muñeco, fotografiar,

orquesta, concha, el montaje, tramolla, dibujo, figurín, ensayo.

2. DEFINE: campo semántico, pronome átono, el, llelo, nós, vostede, min.

3. SUBLIÑA OS PRONOMES PRESENTES NESTE TEXTO:

Se vostede conta comigo para ir a Madrid a ver o espectáculo, está moi equivocado. Non o farei!

4. SUBSTITÚE O SUBLIÑADO POR UN PRONOME PERSOAL COLOCÁNDOO ADECUADAMENTE:

  • Entregarei os cartos (ó banqueiro).

  • Non busquei (a ti).

  • De Sabela non esperaba iso.

  • A Paulo e a ti non vos convidaron.

  • Déronnos o libro.

  • Fiz non dixo iso.

  • Sempre está a pensar en Icía e Antona.

  • Pagarei a conta ás miñas irmás.

  • Non merquei o vestido (a ti).

  • Foi con Lois e comigo.

3. SUBLIÑA A FORMA CORRECTA E EXPLÍCAA:

  • Raul, Raúl:

  • biceps, bíceps:

  • ademais, ademáis:

  • fuxíu, fuxiu:

  • artesana, artesá:

  • ladrona, ladroa:

  • xirasoles, xirasois:

  • pisapapeis, pisapapeles:

  • isto, esto:

  • estes, estos:

  • vientún, vinte e un:

  • tan alto como ti dicías, tan alto coma...

4. DEFINE: GUERRA DA INDEPENDENCIA, REXURDIMENTO, PRECURSORES DO REXURDIMENTO, REXURDIMENTO PLENO, A GAITA GALLEGA, CANTARES GALLEGOS, GALEGUISMO, GRAMÁTICA, TEXTO PROPAGÁNDISTICO, EDUARDO PONDAL.


5. INDICA OS TEMAS E OS RECURSOS LITERARIOS QUE HAI NESTES VERSOS DO POEMA A GALICIA, DE X. M. PINTOS.

  • Galicia boi de palla:

  • O aguillón que che meten é de aceiro:

  • Agarima alleeira eses ingratos:

  • Se o sangue teu refugas do teu leito:

3º DE ESO: REPASO DA 8ª LECCIÓN

  1. TRADUCE Ó GALEGO: acebo, avellano, mariposa, abogado, boda, barrer, corbata,

    maravilla, escoba, rojo, Cristóbal, resbalar, trébol, pabellón,

    trovador, buitre, corbata, escarabajo, barniz, garbanzos, automóvil,

  2. ESCRIBE CINCO NORMAS DO EMPREGO DA LETRA “B”. ESCRIBE TRES EXEMPLOS PARA CADA NORMA.

  3. CONXUGA O INFINITIVO NA FORMA ADECUADA:

  • ¿Vós xa BAILAR………………………?

  • Eu non me PARECER……………….. a ti por moito que digas.

  • Si, eu xa CEAR ...............................

  • Onte vós ANDAR...............................quince quilómetros

  • Ti xa COMER...........................todo?

  • Non creo que Sabela CONDUCIR ......................................mellor ca ti.

  • Se levásemos zapatos cómodos, ANDAR ...............................máis.

  • O ano pasado, as terras non PRODUCIR............................nada.

  • Uxía, PERDER ............................os cartos e agora non tes para mercar o pan.

  • DILUÍR....................isto na auga e , despois, ¿que fago?

  • Onte pola tarde VARRER.....................vós, hoxe tócame a min.

  • Darío X. Cabana TRADUCIR..........................eses sonetos xa hai tempo.

  • Non creo que o DESTITUÍR ...........................do cargo que ocupa.

  • Non, eu non te NOMEAR......................porque non sabía que estabas aquí.

  • Onte os vosos avós non vos PODER.......................ver.

  • Eu xa che PREDICIR.........................que ía saír mal.

  • A policía RETER........................ós ladróns ata que chegaron reforzos.

  • Non creo que todo iso CABER.....................aí.

  • Fiz inda non se AFACER………………….. ós nosos costumes.

  • Non lle DAR ...........................iso ó rapaz.

  • Non creo que PODER......................ir ó baile.

  • Cando IR......................pola túa rúa, vin a túa nai.

  • Quero que a miña filla SER....................boa persoa.

  • Se HABER............................máis cartos, poderiamos organizar outras actividades.

  • Eu non CABER.....................no voso coche, así que vou camiñando.

  • Quero que ESTAR....................na casa da túa avoa.

  • Quere que ti lle DAR.......................todo o que teñamos.

  • Non creo que esa saia lle VALER.......................á túa irmá.


4.TRADUCE:

  • Se lo daré a Pablo y a Javier para que hagan los análisis:

  • ¿Habeis dejado el automóvil en el arcén?:

  • Los orígenes de esos reptiles los estudiamos, pero no los hemos entendido:

  • No te di la miel porque la ibas a comer toda:

  • De esas leches limpiadoras, vosotros no supisteis nada:

  1. DEFINE E ESCRIBE EXEMPLOS: PALABRAS HOMÓFONAS, FAMILIA LÉXICA, VERBO IRREGULAR, ASPECTO VERBAL, DESINENCIA, SEMÁNTICA, NÚCLEO.

  2. COMENTA O QUE SAIBAS EN RELACIÓN CON ROSALÍA: ETAPA LITERARIA, PARTES, TEMAS E FALANTES DOS POEMAS DE “CANTARES GALLEGOS”, PARTES E TEMAS DE “FOLLAS NOVAS”, CARACTERÍSTICAS DA SÚA LINGUA , RECURSOS EMPREGADOS NOS SEUS POEMAS, O PESIMISMO DOS SEUS VERSOS, ASPECTOS NOS QUE DESAFIOU A SÚA SOCIEDADE.

3º ESO: REPASO CURSO


1.DEFINICIÓN, ORIXE E TIPOS DA CANTIGA DE AMIGO.
2.ESCRIBE OS TILES PRECISOS: ATMOSFERA, MISIL, NEON, REPTIL, ¿QUE?, SI, RA, SA.
3.SON CORRECTOS ESTES FEMININOS? POR QUE?: ALDEÁ, SA, CHÁ, ANCIÁ, MUSULMÁ.
4.É CORRECTA ESTA ORACIÓN? POR QUE?: “ESTOS NENOS NON SABEN NADA DISO”.
5.ÉPOCA, AUTOR E OBRA Á QUE PERTENCE O NOSO HIMNO.
6.SUBLIÑA AS FORMAS VERBAIS CORRECTAS: SAIBA, DEA, ES, COUBEN, ESTEAMOS, VALLADES, PREDIXEMOS, PUIDEMOS, IAMOS, FOMOS, TIVEN, AFIXEMOS, FORA.
7.SON CORRECTOS ESTES FEMININOS? POR QUE?: LADROA, PATROA, LEOA.
8.ESCRIBE DOUS EXEMPLOS DIFERENTES DUN POSESIVO SEN ARTIGO.
9.ÉPOCA E AUTOR DE “AIRES DA MIÑA TERRA” E “O DIVINO SAINETE”.
10.CITA TRES CASOS NOS QUE O PRONOME ÁTONO VAIA ANTES DO VERBO.
11.É CORRECTO ESTE PLURAL? POR QUE?: LANZAMÍSILES.
12.CITA OS TRES TIPOS DE HIATOS QUE HAI. ESCRIBE UN EXEMPLO DE CADA.
13.ESCRIBE ORACIÓNS CON “CA” E “CÁ”.
14.CITA O NOME DOS TRES AUTORES QUE PROTAGONIZAN O REXURDIMENTO PLENO? CANDO?
15.SUBLIÑA AS FORMAS VERBAIS INCORRECTAS: SAÍCHEDES, BEBECHES, CONDUZCA, CONCLUIA, ANDARÍADES, TRADUXEN, DEBIMOS, CANTÁRAMOS.
16.QUE SABES DE : “A GUERRA DA INDEPENDENCIA”?
17.QUE SABES DE : “A DEMANDA DO SANTO GRAAL” E “AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA”?
18.CITA AS DÚAS EXCEPCIÓNS NA ACENTUACIÓN DAS PALABRAS AGUDAS. ESCRIBE UN EXEMPLO DE CADA.
19.CONXUGA O PRETÉRITO PERFECTO DO VERBO “ANDAR”.
20.DEFINICIÓN E ORIXE DA CANTIGA DE AMOR.
21.ÉPOCA E AUTOR DE “FOLLAS NOVAS”.
22.SON CORRECTAS ESTAS PALABRAS? POR QUE?: DITADO, TRADUCIÓN, VITORIA, CONDUTOR.
23.TRADUCE: DÁDNOSLO A NOSOTROS; NO SE LO DEIS A ELLAS.
24.DEFINE : CANTIGA DE ESCARNIO, SÉCULOS ESCUROS, PRECURSORES DO REXURDIMENTO,
GALEGUISMO, PARALELISMO, LITERATURA POPULAR, ILUSTRADO.

3º DE ESO: REPASO XERAL
1. ¿COMO FORMAN O PLURAL HINDÚ, AVÓ, LEI, ISRAELÍ? ¿POR QUE?
2. ESCRIBE QUINCE SUBSTANTIVOS QUE EN CASTELÁN TEÑAN XÉNERO DIFERENTE.
3. CITA AS TRES EXCEPCIÓNS QUE HAI NA ACENTUACIÓN DAS PALABRAS AGUDAS. ESCRIBE TRES EXEMPLOS PARA CADA UNHA.
4. ¿QUE É O SUBSTRATO DO GALEGO? ¿E O SUPERESTRATO?
5. ¿CAL É A UNIDADE MÍNIMA DA LINGUA?
6. ESCRIBE ORACIÓNS NAS QUE APAREZAN POR QUE, POR QUÉ, PORQUE E PORQUÉ.
7. ESCRIBE DEZ PALABRAS QUE EN CASTELÁN VARÍEN ORTOGRAFICAMENTE CON RESPECTO ÁS LETRAS “B”, “V“ E “H”.
8. ¿QUE É O MONOLINGÜISMO? ¿NALGUNHA ÉPOCA GALIZA FOI MONOLINGÜE?
9. ¿COMO FORMAN O PLURAL MAL, SOL, MEL? ¿POR QUE?
10. ¿COMO SE CHAMAN AS PRIMEIRAS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS DO GALEGO? ¿EN QUE SÉCULO APARECEN?
11. INDICA CALES DESTAS PALABRAS LEVAN TIL: FEO, AVOA, AEREO, MAGOA. ¿POR QUE LEVAN TIL?
12. CITA SEIS PREFIXOS QUE COMECEN POLA LETRA “H”.
13. ¿EN QUE ÉPOCA APARECE A DIGLOSIA EN GALIZA? ¿POR QUE?
14. ¿É CORRECTA ESTA COMPARACIÓN: FÍXOO TAN BEN COMO TI DICÍAS? ¿POR QUE?
15. ESCRIBE UNHA ORACIÓN CON “CARA A” E OUTRA CON “CARA Á.
16. TRADUCE Ó GALEGO: ADJETIVO, TILDE, FEMENINO, COMILLAS, SUBRAYAR, ANÁLISIS.
17. ¿DE QUE MANEIRA INFLÚE A APARICIÓN DO GALEGUISMO NO REXURDIMENTO?
18. CORRIXE AS FORMAS VERBAIS IN CORRECTAS: SAÍCHEDES, ANDIVESTES, BEBIMOS, CONDUZCA, ESTÉ, VALLA, ES, DAS, CONCLUIO, REÍN, COMBATIREMOS, CONDUXEN.
19. ESCRIBE O FEMININO, O NEUTRO E O PLURAL DE “ESE” E AS SÚAS CONTRACIÓNS.
20. ESCRIBE DEZ PALABRAS QUE LEVEN TIL DIACRÍTICO E INDICA O SEU SIGNIFICADO.
21. ESCRIBE UNHA ORACIÓN CON CADA UN DESTES PRONOMES ÁTONOS: “TE” E “CHE”.
22. ¿COMO FORMAN O FEMININO TESTÁN, PASPALLÁN E LACAZÁN? ¿POR QUE?
23. CITA CATRO TÍTULOS DE LIBROS PUBLICADOS NO REXURDIMENTO.
24. ESCRIBE UNHA ORACIÓN NA QUE HAXA QUE POÑER “LLO” E OUTRA NA QUE HAXA QUE POÑER “LLELO”.
25. ¿SON CORRECTOS ESTES FEMININOS: LADRONA, COMELLONA, CABEZONA? ¿POR QUE?
26. CITA OS TIPOS DE DITONGOS QUE HAI E ESCRIBE TRES EXEMPLOS DE CADA.
27. ¿COMO FORMAN O PLURAL XIRASOL, PISAPAPEL? ¿POR QUE?
28. ESCRIBE CINCO PALABRAS QUE TEÑAN TRITONGO.
29. ¿POR QUE LEVAN TIL ESTAS PALABRAS: ANDALUCÍA, CRÚA, RAÚL, MUÍÑO, CONSTRUÍR?
30. ¿CAL É A NORMA DO XÉNERO DAS ÁRBORES FROITEIRAS?
31. ESCRIBE CON LETRA: 1º, 7º, 8/8, 1549, 16.
32. ESCRIBE CINCO NORMAS ORTOGÁFICAS DAS PALABRAS QUE SE ESCRIBEN CON “B”.
33. ESCRIBE UN EXEMPLO DE CAMPO SEMÁNTICO E OUTRO DE FAMILIA LÉXICA.
34. ¿COMO FORMAN O FEMININO AS SEGUINTES PALABRAS: ALEMÁN, CATALÁN? ¿POR QUE?