Introdución á Edición Fotográfica

Introdución

Fotos en móbilCoa aparición das cámaras dixitais apareceu a posibilidade de que cada usuario poda editar as súas fotos.

Máis recentemente esta opción ampliouse coa aparición dos móbiles con cámara fotográfica e as apps de retoque fotográfico onde, de xeito sinxelo, se lles poden aplicar filtros, introducir textos e hasta realizar pequenas edicións de retoque.

Hoxe xa é habitual tamén que as imaxes tomadas co móbil "suban" automáticamente a algún tipo de rede social ou sistema de almacenamento na nube como Instagram, Flickr, Google+ ou Dropbox e, deste xeito, ter un acceso fácil a elas dende calquera equipo ou poder compartilas.






Nesta tarefa comezaremos por editar unha foto, a mesma para todos, aplicándolle filtros e efectos visuais.