En lembranza de Amanda Todd

Presentación

O ciberacoso e os perigos asociados ás Redes Sociais son problemas sociais que nos acompañan dende que vivimos en sociedade e que toman diferentes formas segundo a época. 

O que diferencia a situación actual das pasadas é que o círculo no que se move aumentou dun xeito esaxerado, situacións que quedaban no círculo familiar, veciñal ou do pobo resolvíanse emigrando a cidade (pensade nos embarazos non desexados na década dos sesenta no rural galego), pero hoxe en día a nosa identidade dixital é global e non local.

Neste libro pretendemos que as tristes experiencias de adolescentes coma vós vos sirvan como aprendizaxe e así evitedes sufrir situacións semellantes.

Como xeración de futuro que vivirá inmerso nas Tecnoloxías da Información e da Comunicacion compre que fagades un bo uso das mesmas tanto polo voso ben como para convencer ás xeracións máis inmovilistas que só ven perigos nas Redes Sociais.