Tarefa 3: Actualización do perfil na Aula Virtual (AV). 100 ptos. 8/10/2022.
Actualiza o teu perfil da Aula Virtual (axuda en MEDIATECA, lateral esquerdo da AV, ou neste vídeo).
- Foto actual en primeiro plano.
- Nome e Apelidos correctamente escritos (maiúsculas, tiles, ...)
- Correo de iesblancoamor (imprescindible telo e saberse o usuario e contrasinal en todo momento).
- Curso e Grupo no que estás.
- Usuario Scratch.
- Usuario Agueiro.
- Usuario Biblioteca digital.
Cando remates copia a url do teu perfil (a dirección da pantalla onde se vexa todo o anterior), preme embaixo en "Editar mi envío", na caixa de texto escribe o que pretendes enviar e cando o fagas preme en "Enviar".
A túa entrega será similar a esto:
A url do meu perfil é ésta: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/profile.php?id=38
Fixácheste que ocorre cando pasas o rato sobre o enlace? esa é a mensaxe de accesibilidade e telo explicado ao final desta tarefa.
Criterios de Cualificación:
- Esta tarefa ten unha cualificación de 100 ptos segundo os seguintes criterios: Foto de perfil, ata 40 ptos:
- Foto próxima e clara do rostro, claramente recoñecible, 40 ptos.
- Foto da persoa pero que non cumpre todas as características anteriores, 20 ptos.
- Foto calquera, 10 ptos.
- Nome, Apelidos, Curso, Grupo, 20 ptos.
- Correo electrónico iesblancoamor, usuario Scratch, Agueiro y Biblioteca Digital, 20 ptos.
- Envío segundo o indicado (presentación e URL longa enlazada que abra en xanela nova), 20 ptos.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:59 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de entrega fora de prazo ata un máximo do 40%.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.
Consello:
Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.
Titorial: Como facer un bo enlace.
- Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
- Clica na icona das cadeas (Enlace)
- Na xanela que se abre:
- "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
- Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
- Remátase clicando en "Crear enlace".
- Abre o despregable situado á dereita da túa foto de perfil, arriba a dereita do marco da Aula Virtual.
- Escolle "Preferencias"
- En "Cuenta de usuario" preme en "Configuración del editor".
- Comproba que o "Editor de texto" sexa: "Editor TinyMCE HTML", se non estivese este, desprega as opcións, escólleo e garda cambios.