Tarefa 1: Primeiros equipos e Correo de presentación. 50 ptos. 24/09/22.
Unha das primeiras tarefas dun novo curso, traballo en equipo, ou similar é establecer os cauces de comunicación entre os participantes: todos deberemos ter unha conta de correo iesblancoamor para seguir este curso e antes de continuar coa descripción desta tarefa tes que ver esta presentación para non cometer os erros que nela se comentan. O documento final e mellor editado titúlase "Buenas prácticas usando el correo electrónico" por Pablo Lasso con licencia CC-BY-SA.
Curso completo de Gmail de Principia en YouTube con Licencia YouTube Estandard
Agora sí, xa podemos falar do correo que tedes que enviar a angelaccion@iesblancoamor.com ou a sofialopez@iesblancoamor.com para ter os vosos correos e poder comunicarnos con vós se fose necesario.
Antes de empezar debemos asegurarnos de ter ben configurado como verán os destinatarios dos nosos correos o nome do remitente, é decir, o noso nome.
Cómo cambiar tu nombre
Por ejemplo, si tienes la dirección fandeldeporte@gmail.com con el nombre "Fan del deporte", puedes cambiarlo por "Juan", pero la dirección seguirá siendo la misma: fandeldeporte@gmail.com.
Importante: No puedes cambiar tu nombre desde la aplicación Gmail.
- Abre Gmail en el ordenador.
- Arriba a la derecha, haz clic en la rueda dentada Configuración.
- Haz clic en la pestaña Cuentas e importación o Cuentas.
- En el apartado "Enviar como", haz clic en Editar datos.
- Añade el nombre que quieres que aparezca cuando envíes mensajes.
- Haz clic en el botón Guardar cambios al final de la página.
Desta forma cando recibamos un correo voso veremos o nome completo, independentemente de que debades firmar os vosos correos.
Formación dos primeiros equipos.
Ao longo do curso imos traballar de xeito individual, por parellas, por equipos formados por 2-3 parellas e remataremos o curso con dous grandes equipos por aula. Nesta ocasión precisades establecer o equipo básico: a parella. No caso de grupos impares pode existir inicialmente un trío ou unha persoa que traballe soa, e digo inicialmente porque en caso de novas incorporacións deberá desfacerse o trío ou formar parella coa persoa desemparellada.
Correo a enviar:
Asunto (importantísimo e obrigatorio, é un resumo da mensaxe):
Presentación de Nome Apelido de TeD1-Grupo (15 ptos)
Mensaxe (saúdo, contido e despedida):
Ola, Ángel/Sofía. (5 ptos)
Escríboche para presentarme e para que teñas o meu correo electrónico, son Nome Apelido Apelido de Curso-Grupo e vou formar parella con Nome Apelido Apelido na materia de Tecnoloxía e Dixitalización I. (10 Ptos)
Saúdos (5 ptos)
Nome Apelido Apelido (5 puntos. Pódese substituír por unha firma automática)
Entrega desta tarefa na Aula Virtual:
Unha vez enviado o correo farás a túa primeira entrega na Aula Virtual, nesta tarefa has de enviar unha mensaxe deste tipo:
Xa te enviei o meu correo de presentación. A miña dirección de correo electrónico é usuario@iesblancoamor.com (10 ptos)
Se aínda non o tes claro olla este vídeo:
Criterios de Cualificación:
Envío correcto do correo: 40 ptos.
Se cada concepto non está nun parágrafo independente descóntanse 10 ptos.
Entrega correcta desta tarefa: 10 ptos.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:59 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de entregas fora de prazo ata un máximo do 40%.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.
Se non tes unha conta de Gmail, a queres e precisas axuda, clica AQUÍ (hai que ter 14 anos cumpridos)