Programación con Lightbot. 2ª evaluación. 31/12/21
Esta tarefa é para realizar íntegramente nunha sesión doble. As entregas posteriores ao día da sesión presencial teñen un desconto de 20 ptos.
Clica na seguinte imaxe e accede a un xogo de programación con 15 niveis nos que podes obter medallas de ouro, prata ou bronce segundo os vaias resolvendo como un maestro, un profesional ou un aprendiz.
Cando remates os 15 niveis, ou cando queiras dar por rematada a experiencia, envía unha captura de pantalla similar á miña (fíxate que o cursor está sobre a lapela da miña conta Gmail para identificar que está realizada por min) en formato pdf para avaliar a túa práctica de programación segundo o seguinte criterio de puntuación:
- Medalla de ouro: 6 ptos.
- Medalla de prata: 4 ptos.
- Medalla de bronce: 2 pto.
- Polo mero feito de participar e enviar unha captura de pantalla en formato pdf na que se te identifique (lapela do correo) recibes 10 ptos.
Esta captura tería unha cualificación de 36 ptos desglosados do seguinte xeito:
- 2 medallas de ouro: 12 ptos.
- 3 medalla de prata: 12 ptos.
- 1 medalla de bronce: 2 pto.
- Supoñendo que esta imaxe (a que tería que entregar nesta tarefa) tivese o seguinte nome (fíxate na extensión) Medallas_Lightbot_AngelAccion.pdf sumaría 10 ptos.
Cambiar formato png a pdf
Cando realizas a captura de pantalla ésta gárdase en formato imaxe (png ou jpg) pero a entrega debe facerse cun pdf polo que compre facer un cambio de formato, e para iso imos empregar un conversor online como pngtopdf, hai moitos e todos funcionan do mesmo xeito: subes o arquivo imaxe e, logo de convertelo, descargas o pdf.