ELECCIÓN DOS SUBTEMAS DO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
1º.-Cada equipo, seguindo a estrutura 1-2-4, proporá como máximo 3 subtemas. Para iso, a cada alumno daráselle unha copia do "Anexo elección subtema do proxecto de investigación" que podedes atopar na páxina principal da Aula Virtual.
2º.- Cando todos os equipos teñan os seus 3 subtemas, o voceiro de cada equipo, comunicarallos ao grupo-clase.O profesor irá anotándoos na pizarra. Si algún subtema sae repetido, xa non se anota.
3º.- Cando teñamos na pizarra a listaxe con todas as achegas, volvemos ao equipo e cada un debe escoller 3 subtemas da lista e ordenalos por orde de preferencia. Concederán 3 puntos ao tema que escollen en 1º lugar, 2 puntos ao que escollen en 2º lugar e 1 punto ao que escollen en 3º lugar. Para facer esta listaxe de 3 subtemas o alumnado deberá pensar en tres aspectos: importancia e posibilidade de realización. Seguirán de novo a estrutura 1-2-4.
4º.- De novo, o voceiro exporá a súa proposta ao grupo-clase. Dirá o subtemas cos puntos concedidos. Sumaremos os puntos de cada subtema, e escolleranse os subtemas con mais puntuación, tendo en conta que deberán sair tantos subtemas como equipos cooperativos haxa.