ELECCIÓN DO NOME E LOGO DO EQUIPO
INSTRUCIÓNS:
- Realizar esta actividade empregando a estrutura 1-2-4.
- Unha vez realizada, o coordinador ou coordinadora será o encargado de enviar o arquivo correspondente.
ACTIVIDADE
1º.- Entrégase a cada membro do equipo unha copia do PDF "Documento anexo nome e logo do equipo" que podedes atopar na páxina principal da Aula Virtual.
2º.- Na columna numerada cun 1: cada membro do grupo individualmente, proporá un nome e un logotipo que considere representativo para o seu equipo.
2º.- Despois de 5 minutos, traballaredes por parellas e tendo que consensuar un nome e un logo da parella a partires das propostas individuais. Escribiredes a proposta da parella na columna numerada cun 2.
3º.- Despois de 10 minutos, traballaredes no grupo de 4, a partires do nome e logo definidos na columna 2. Tedes que propoñer un nome e logotipo de consenso do grupo que escribiredes na columna 4.