REPARTO DOS CARGOS DENTRO DO EQUIPO
INSTRUCIÓNS:
- Realizar esta actividade empregando a estrutura lapis ao centro.
- Unha vez realizada, o coordinador/a enviará o arquivo correspondente.
ACTIVIDADE:
A idea é que empregando esta técnica queden asignados os catro cargos entre os catro membros do equipo.
- O primeiro membro do equipo encargarase de explicar as funcións do cargo en cuestión e dar a súa opinión respecto de quen debe ocupar ese posto de primeiro cargo: O/A COORDINADOR/A. O resto do equipo escoitará e irá opinando por quendas, seguindo o sentido das agullas do reloxo. Unha vez decidido, cada membro collerá o lapis, que estará no centro das catro mesas, e escribirá a resposta elixida.
- O segundo membro do equipo encargarase de explicar as funcións do cargo en cuestión e dar a súa opinión respecto de quen debe ocupar ese posto de segundo cargo: O/A SECRETARIO/A. O resto do equipo escoitará e irá opinando por quendas, seguindo o sentido das agullas do reloxo. Unha vez decidido, cada membro collerá o lapis, que estará no centro das catro mesas, e escribirá a resposta elixida.
- O terceiro membro do equipo encargarase de explicar as funcións do cargo en cuestión e dar a súa opinión respecto de quen debe ocupar ese posto de terceiro cargo: O/A VOCEIRO/A. O resto do equipo escoitará e irá opinando por quendas, seguindo o sentido das agullas do reloxo. Unha vez decidido, cada membro collerá o lapis, que estará no centro das catro mesas, e escribirá a resposta elixida.
- O cuarto membro do equipo encargarase de explicar as funcións do cargo en cuestión e dar a súa opinión respecto de quen debe ocupar ese posto de cuarto cargo: O/A RESPONSABLE DE MATERIAL. O resto do equipo escoitará e irá opinando por quendas, seguindo o sentido das agullas do reloxo. Unha vez decidido, cada membro collerá o lapis, que estará no centro das catro mesas, e escribirá a resposta elixida.