ACTIVIDADE DE AVALIACIÓN
INSTRUCIÓNS:
- Esta actividade deberedes realizala empregando a estrutura xogo de palabras.
ACTIVIDADE:
- O profesor/a escribirá na pizarra ás seguintes palabras clave sobre o tema que acabamos de traballar:
dereitos de autorcopyrightcreative commons
bibliografíaCita bibliográfica
-Cada equipo debe escribir unha frase con cada unha destas palabras, expresando a idea que hai detrás de cada unha delas.Un membro do equipo escribe nun folio a frase para a 1ª palabra clave; a continuación, móstralla aos seus compañeiros, que a matizan, corrixen, amplían; de xeito, que a frase xa non é de quen a escribiu, senón de todo o equipo.
Para a 2ª palabra clave, outro membro do equipo (o seguinte ao anterior, seguindo o sentido das agullas do reloxo), inicia a construción da frase e procédese igual que na anterior.Así ata que se acaben as palabras clave.
- Por último, unha vez que o equipo ten unha frase que explica cada palabra-clave, debe ordenar as frases seguindo unha orde lóxica, compoñendo un resumo ou esquema do tema.