Salta al contenido principal
(Actividade Baseada na actividade de Prieto, Derechos de autor, derecho a la cultura)

NOTA: Trátase dunha actividade fóra de liña, é dicir, non será necesario subir ningún arquivo á Aula Virtual

INSTRUCIÓNS:

- Nesta ocasión imos facer un xogo de rol en torno aos dereitos de autor.Cada equipo defenderá unha postura, asignada entre as que se recollen no recadro.Se repartirán tantas posturas como equipos haxa. Os equipos disporán de 10 minutos para preparar a súa intervención, unha vez repartidos os roles. Este é o recadro coas diferentes posturas:

CADRO POSTURAS

- Transcorridos os 10 minutos, iniciarase o debate.O voceiro de cada equipo será o encargado de expoñer a postura inicial do equipo; disporá de 2 minutos.Cando todos os equipos tiveran defendido a postura inicial, poderá abrirse o debate a calquera membro dos equipos.O profesor/a exercerá de moderador/a do debate.

- Pasados 20 minutos, os equipos deberán reflexionar sobre a seguinte cuestión, utilizando a estrutura lapis ao centro:

Unha vez escoitadas as posturas no debate, cando se trate dunha creación vosa, do equipo, ¿como vedes os dereitos de autor?