SEXTING
SEXTING
- Imos xogar a definición das palabras en torno ao sexting e á sextorsión.Xogaremos en equipos de 4.O profesor pode ser o xuíz ou tamén pode nomear para este posto a outro alumno(que queda desparellado, neste caso, o posto de xuíz será rotatorio).
- Pedírase a cada equipo que utilizando a técnica de lapis ao centro, defina as palabras que constan no listado 1.Terán para iso 10 minutos.Transcorrido o tempo, o xuíz pedirá ao voceiro de cada equipo que lea a súa definición.Procederase termo a termo, é dicir, primeiro cada equipo le a definición do termo que aparece en primeiro lugar na lista, e así sucesivamente.Cando todos os equipos rematan de ler a súa definición no primeiro termo, o profesor invita a un equipo a que busque no diccionario o termo a definir para comparalo coas definicións que deron os grupos.Así se procederá con cada un dos termos(Na listaxe 2, aparecen as definicións dos termos para que as use o profesorado).
- Cada vez que se define un termo, o xuíz, otorgará unha puntuación (entre 1 e 10) a cada equipo, en función da definición que dera e da que se atopou no diccionario. Gañará o equipo que mais puntos sume.
(1) Actividade adaptada deJuegos en familia (13-17 anos). Sexting, Capacitación en materia TIC para padres, madres, tutores y educadores de menores de edad, [pdf], RED.es,CC BY SA 4.0
LISTAXE DE TERMOS A DEFINIR
- Autopornografía
- Flash ou flashing
- Flirtexting
- Mirrorpic ou mirrorpicture
- Sexter
- Sexting
- Sextorsión
- Texting
- Webcast
NOTA: Neste caso non tedes que subir ningún arquivo. Trátase dunha actividade a realizar en clase todos xuntos