COMO É A NOSA BIBLIOTECA
INSTRUCIÓNS:
- Unha vez que teñades feitas as actividades das que consta esta tarefa deberedes subir os arquivos correspondentes. A persoa encargada de subilos será o/a COORDINADOR/A seguindo estas indicacións:
TAREFA :
Imos coñecer a nosa biblioteca. Para iso, imos preparar un cuestionario a través do que averiguaremos cousas sobre a biblioteca. Imos en traballar en grupo. Cada grupo prepará un cuestionario que logo deberá cubrir coa axuda do bibliotecario, alumnado usuario da BE, profesorado… Como mínimo, cada grupo debe facerlle unha pregunta do cuestionario ao bibliotecario, a un alumno/a e a un profesor/a.
ACTIVIDADE 1: Preparación da entrevista
Seguindo a estrutura folio xiratorio, imos escoller as preguntas do cuestionario. Os contidos sobre os que imos investigar serán os seguintes:
.- Zonas da Biblioteca Escolar
.- Horario da BE
.- Servizos que ofrece a BE
.- Usuarios da BE
Sobre cada contido podemos facer varias preguntas.
ACTIVIDADE 2: Entrevista
Xa temos o cuestionario elaborado. Agora toca pasar á práctica e entrevistar aos distintos usuarios da BE. Para iso, utilizaremos a estrutura roda de preguntas: cada membro do grupo irá facendo unha pregunta do cuestionario e anotará a resposta que lle dean así como a quen entrevista. Iranse rotando todos os membros ata que estén feitas todas as preguntas do cuestionario.
ACTIVIDADE 3: Edición da entrevista
Agora que xa temos notas tomadas, chega o momento de ordenar as ideas recollidas. Procederemos segundo a estrutura 1-2-4. A finalidade é que unha vez que cada un escriba as respostas ás preguntas que fixo no documento final, sexa revisado polos outros membros do grupo; primeiro en parella, e logo o equipo completo, de xeito tal que todos/as revisen a totalidade da entrevista.