O GRUPO NOMINAL
O GRUPO NOMINAL
Obxectivo:
- Fomentar o debate e o consenso na toma de decisións.- (Neste caso para) avaliar o traballo en equipo polo grupo-clase
1º.- Cada equipo-base e seguindo a estrutura 1-2-4, reflexiona sobre como está a funcionar a clase globalmente, en torno a dúas cuestións: que está ben e que debería mellorarse.
2º.- Logo, a clase reúnese en asemblea e cada equipo fai unha achega a cada unha das cuestións; primeiro cada equipo fai unha achega, e logo a seguinte achega, así ata que todos os equipos digan o que teñen recollido. Vaise anotando na pizarra e si algo xa se dixo, non se anota.
3º.- Cando xa estean feitas todas as achegas dos equipos a cada unha das dúas cuestións formuladas, vólvese aos equipos, e seguindo a estrutura lapis ao centro, numéranse cada unha das achegas, de xeito que, a achega que se considera máis importante dáselle un 1, a seguinte un 2, e así sucesivamente. Deste xeito, poderemos ordenar as propostas, de modo que a que obtivo menos puntuación é a que se considera máis importante e así sucesivamente.
4º.- Cando todas as propostas, de ámbalas dúas cuestións, están ordenadas de maior a menor importancia, o grupo-clase pode facer un plan de mellora para o trimestre seguinte, baseándose, sobre todo, nas cuestións a mellorar. Este plan de mellora recollerase nun documento que se porá na cortiza da aula.