O EQUIPO DE ROQUE

O EQUIPO DE ROQUE

Obxectivos:

Descubrir que o traballo en grupo xera mais ideas que o traballo individual.

Desenvolvemento:

1º.-Individualmente, lectura do caso “O equipo de Roque”

Roque está farto de facer traballo en grupo.Di que el traballa mellor solo.Cando traballa en equipo considera que perde o tempo.Ademais non está nada contento co seu equipo.Rosa non fai nada e aproveitase do traballo dos outros.Juan fala moito, non respecta a quenda de palabra e non escoita aos outros.Ramón intenta impor as súas ideas e sempre se ten que facer o que el di.María, por outra banda, non di nunca nada, pásase todo o tempo escoitando ao resto do equipo e se non se lle pide expresamente non participa.En definitiva, Roque ten decidido facer solo os traballos da clase de agora en diante.


2º.- Despois de que cada un ten lido o caso, o profesor dirixe un debate, intentando que o alumnado reflexione sobre si se ten topado uncaso parecido, incidindo nos tipos de participación que aparecen reflectidos na lectura.

É só un intercambio de impresións que o profesor pode rematar dicindo:Seguramente o problema deste equipo é que non saben traballar en grupo de forma cooperativa, simplemente, que o equipo non soubo organizarse á hora de traballar.Si o equipo está ben organizado tense moitas vantaxes. Co que faremos agora, imos intentar descubrir as vantaxes do traballo en equipo

3º.-Entregamos a cada alumno un folio divido en tres apartados(A, B, C).No apartado A, individualmente, teñen que escribir as vantaxes que consideren que –a pesares do que di Roque- ten o traballo en equipo: as razóns a favor do traballo en equipo.

A continuación, o alumnado reúnese en equipos de 4 membros.Poñen en común as respostas individuais que deron no apartado A.Nunha 1ª volta, cada alumno vai dicindo unha vantaxe –só unha- e un membro do equipo –que fai de secretario- vainas anotando nunha folla aparte.Danse tantas voltas como faga falla ata que todos os membros do equipo teñan dito todas as vantaxes que tiñan anotado no apartado A.Si unha vantaxe xa anotara alguén, non se volve a anotar no apartado B.

Despois cada alumno, escribe no apartado B do seu folio as vantaxes novas que el nontiña escrito e que dixo algún compañeiro do seu equipo.

Finalmente, os equipos de toda a clase poñen en común as respostas de cada equipo.O secretario de cada equipo le unha vantaxe, e así sucesivamente por rondas, ata que se tiveran dito todas as razóns a favor do traballo en equipo.O profesor vai anotando na pizarra as razóns de todos os equipos.Despois cada alumno anota no apartado C do seu folio, a lista xeral coas vantaxes que non aparecen nin no apartado A nin no B.

4º.- CONCLUSIÓNS

O profesor pide que levanten a man aquel alumnado que tivera escrito no seu apartado A, algunha das vantaxes que aparecen no apartado B ou C.Dificilmente haberá alguén que no apartado A da súa plantilla tivera xa anotado todas as vantaxesda listaxe final.Senón é así, é indicativo de que ten aprendido algunha cousa dos compañeiros do seu equipo ou doutros equipos, xa que entre todos teñen descuberto mais vantaxes das que toparían eles solos.

Esta é unha das grandes vantaxes do traballo en equipo: xera mais ideas que o traballo individual.

NOTA: No PDF adxunto a esta actividade e que está na páxina principal da Aula Virtual, amósase un modelo de táboa cos apartados A, B e C