AS PÁXINAS AMARELAS
Obxectivos:
Descubrir que pode aportar cada membro da clase individualmente ao bo funcionamento da mesma.
Desenvolvemento:
1º.-Descrición da actividade para explicarlles na clase:
Nas Páxinas Amarelas da Compañía Teléfonica podemos atopar un listado de persoas ou empresas que prestan un servizo(restaurantes, imprentas, dentistas, moblerías, fontaneiros...) Esta actividade consiste en confeccionar unha especie de Páxinas Amarelas da clase, onde cada un de vós pon un anuncio sobre algo que pode ensinar aos seus compañeiros: xogos, cancións, refráns, papiroflexia, baile... Cada un debe decidir que habilidade quere publicitar.A continuación, cada un, fará un anuncio para que aos demais lle interese esa habilidade, xogo, canción... O anuncio deberá conter os seguintes datos:título do que ofrece, descrición do que ofrece, un pequeno debuxo ou ilustración e o nome do alumno.
2º.- Unha vez que cada un fixo o seu anuncio, ordénanse alfabéticamente, por o título do servizo, non polo nome do alumno.Con iso, teremos unha especie de guía de servizos da clase.De cando en vez, o profesor poderá solicitar que algún alumno desenvolva o servizo que ofrece na guía.
NOTA: No PDF adxunto a esta actividade e que está na páxina principal da Aula Virtual, amósase un modelo de anuncio.