A ENTREVISTA
Obxectivos:
1. Facilitar que os compoñentes do grupo se coñezan.
2. Desenvolver actitudes de escoita.
Desenvolvemento:
1º.-Partimos do número que ten cada un na lista de clase. O profesor ten preparados nunha bolsa tantosnúmeros correlativos como alumnos/as hai na clase.O propio profesor vai sacando números da bolsa de 2 en 2, de xeito que se formen parellas de xeito aleatorio.
2º.-Partindo do cuestionario “son bo en..., pero debería mellorar en...”, cada membro da parella entrevista ao outro.
3º.-Cada alumno/a debe escribir unha frase que resuma o que o seu compañeiro de parella lle dixo, coméntaa e faille as correccións oportunas.
4º.- Por último, cada un faille saber ao gran grupo, lendo a frase que ten escrita, como é o seu compañeiro/a de entrevista.