Xogo de Variables e Clons. Documentación. 100 ptos.13/03/2021.
Nesta ocasión volvedes a ter liberdade creativa pero coas seguintes características:
- Debe conter variables, a lo menos 2 marcadores (vidas, tempo, puntos, ...)
- Debe traballar con clons (enemigos a destruir, obxectos a recoller, ...)
- Se a elección é unha variante do Flappy Bird debedes simular a gravidade, é dicir, o obxecto cae por si mesmo, serán os cursores os que o manteñan no aire. E tamén dispoñer de dous marcadores (dúas variables).
- Sempre deben existir varias pantallas ou niveis, mínimo 3 de xogo, logo a portada explicativa e a de remate.
Tutorial (5 vídeos). Polbo invaders en Octopus. Tutorial (3 vídeos). No vos olvidedes de pasar pola web de Programamos, do mellorciño de Scratch en español. En especial estas clases virtuais creadas para estes momentos de confinamento, destaco a Clase 11 "Almacenando información en variables" e a Clase 16 "Usar clones en Scratch".
Procedemento de entrega e Criterios de Cualificación:
- Envía o enlace ao Scratch (páxina do proxecto) na túa conta (título enlazado que abra en xanela nova). 10 ptos.
- Título creativo, 10 ptos (5 polo título e 5 pola creatividade do mesmo).
- Instruccións completas, 30 ptos (historia, 10; obxectivo, 10 e instrucións de manexo 10 ptos).
- Créditos (Nome sen Apelido, Programación 2º ESO e IESEBA). 10 ptos.
- Música CC (Creative Commons). 20 ptos (debe indicarse nos créditos). Título (5), Autor (5), Aloxamento (5), Licencia (5).
- Imaxes CC (Creative Commons). 20 ptos. (deben indicarse nos créditos). Título (5), Autor (5), Aloxamento (5), Licencia (5).
- Advertencia: comprobarase a exactitude das referencias e deberá ser posible chegar á obra empregada introducindo a información facilitada no buscador de Google.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.