Tarefa 7: Labirintos. Programa. 100 ptos. 12/12/2020.
Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 100 ptos.
Neste 1º RETO tes que Deseñar un Xogo de Labirinto na túa conta persoal de Scratch.
O labirinto debe incluir unha imaxe de portada con Licencia CC na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.
Esta tarefa recolle a puntuación da parte creativa do voso labirinto.
Se clicas na seguinte imaxe podes acceder ao meu (programación incompleta).
Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo este capítulo do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual e tamén poderías xerar un dos laberintos empregando o Xerador comentado neste artigo de Microsiervos.
Tamén podes ollar os estudios de labirintos dos cursos pasados: ieseba_16_labirintos, ieseba_17_labirintos.
Entrega (tes que repetir o xa feito na primeira parte da Tarefa de Labirintos):
Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.
- Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
- Selecciona o Título.
- Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
- Escolle "Abrir en una ventana nueva".
- Remata clicando en "Crear enlace". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
- Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".
Criterios de cualificación:
- Dado o carácter creativo non procede listar obxectivos, os 100 ptos irán para os máis creativos e de ahí proporcionalmente cualificaranse os demáis.
- Se houbera reenvíos por comentarios do profesor descontaranse 5 ptos por cada un deles.
Ideas ou Suxestións:
- Labirinto para 2 xogadores.
- Máis fondos-nivéis.
- Efectos visuais
- Menú de opcións no comezo do xogo.
- Marcadores (nivel de pantalla, puntos, ...)
Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%. Neste caso teranse en conta para a 2ª Avaliación.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.