Tarefa 2: Actualización do Perfil na Aula Virtual. 100 ptos. 26/09/20.
Actualiza tu perfil del Aula Virtual (ayuda en MEDIATECA, lateral izquierdo del AV, o en este vídeo).
- Foto actual en primeiro plano.
- Nome e Apelidos correctamente escritos (maiúsculas, tildes,...)
- Correo de Gmail (imprescindible telo e saberse o usuario e contrasinal en todo momento).
- Curso e Grupo no que estás.
- Usuario Scratch.
Cuando remates copia a url do teu perfil (a direccíón da pantalla onde se vexa todo o anterior), clica embaixo en "Editar mi envío", na caixa de texto escribe o que pretendes enviar e cando o fagas clica en "Enviar".
A túa entrega será similar a esto:
A url do meu perfil é ésta: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/profile.php?id=38
Fixácheste que ocorre cando pasas o rato sobre o enlace? esa é a mensaxe de accesibilidade e telo explicado ao final desta tarefa.
Criterios de Cualificación:
- Esta tarefa ten unha cualificación de 100 ptos segundo os seguintes criterios: Foto de perfil, ata 40 ptos:
- Foto próxima e clara do rostro, claramente recoñecible, 40 ptos.
- Foto da persoa pero que non cumpre todas as características anteriores, 20 ptos.
- Foto calquera, 10 ptos.
- Nome, Apelidos, Curso, Grupo, Usuario Scratch, 20 ptos.
- Correo electrónico gmail, 20 ptos.
- Envío segundo o indicado (presentación e URL longa enlazada que abra en xanela nova), 20 ptos.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.
Consello:
Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.
Titorial: Como facer un bo enlace.
- Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
- Clica na icona das cadeas (Enlace)
- Na xanela que se abre:
- "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
- Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
- Remátase clicando en "Crear enlace".
A url do meu perfil é esta: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/profile.php?id=38