Tarefa 6: Labirintos. Documentación. 100 ptos. 4/01/2020. 2ª Av. Reaberto con desconto durante o confinamento.

Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 50 ptos. Data de Entrega 14 de decembro

Data de Entrega 28 de decembro 4 de xaneiro con desconto para entregas posteriores a razón de 10 ptos semanais, o  29 5 xa desconta a primeira semana. Desconto máximo por retraso 50 ptos.

Neste 1º RETO tes que Deseñar un Xogo de Labirinto na túa conta persoal de Scratch.

O labirinto debe incluir unha imaxe de portada con Licencia CC na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.

Esta tarefa recolle a puntuación da parte documental do voso labirinto. As características creativas cualificaranse na segunda parte desta tarefa.

Se clicas na seguinte imaxe podes acceder ao meu (programación incompleta).

Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo este capítulo do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual e tamén poderías xerar un dos laberintos  empregando o Xerador comentado neste artigo de Microsiervos.

Tamén podes ollar o estudio de labirintos dos cursos pasados: ieseba_16_labirintos. ieseba_17_labirintos

Entrega:

Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.

  • Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
  • Selecciona o Título.
  • Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
  • Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
  • Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova". 
  • Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
  • Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".

Criterios de cualificación (100 ptos - 10% por cada semana de retraso):

  • Título do xogo hiperenlazado que abra en xanela nova e teña título de accesibilidade (a onde leva e como abre). 20 ptos.
  • Instrucións do xogo (indicará cantos niveis hai, como se xoga, se hai vidas ou puntos, etc). 20 ptos.
  • Imaxe CC en portada (10 ptos) relacionada co voso ODS (10 ptos) e coa vosa personaxe presentando o xogo (10 ptos)
  • Créditos:
    • Autores (so nomes), Materia, Curso, IESEBA. 10 ptos.
    • Título da imaxe, Autor, Aloxamento e Licencia (10 ptos). Enlace acortado (10 ptos) Se houbese máis recursos alleos habería que referencialos todos, os propios de Scratch ou as creacións vosas non se referencian.

So se aplicarán estes criterios se o xogo ten como mínimo un labirinto funcional (saída, regreso á saída se se tocan as paredes, meta con evento).

En Pixabay todas as imaxes son de Dominio Público (CC0 o PD) e non necesitarían ser citadas ou recoñecido o seu autor, nós farémolo igualmente.

Por exemplo, se escollésedes a seguinte imaxe:

tendríades que referenciala do seguinte modo: Industria por Foto-Rabe en Pixabay con licencia CC0. Ligazón: https://bit.ly/2rPkd32

A url longa: https://pixabay.com/es/photos/industria-sunrise-niebla-alemania-611668/ podédela acortar con aplicacións online como Bitly onde pegades a url longa e obteñedes a acortada como se pode ver na seguinte captura:

As licencias Creative Commons permiten a utilización de recursos alleos con certos límites, aquí tes as combinacións e límites para cada unha delas:

Tamén podes consular esta táboa con outro xeito de explicado.

Como excepción tamén podes incluir imaxes con copyright de Ugur Gallenkus da súa conta de Instagram @ugurgallen. Indicando nos créditos unha referencia similar á que figura no pe de foto da seguinte composición ou collage:

 

Niños jugando de Ugur Gallenkus en @ugurgallen con Copyright para uso educativo.

Con este truco puedes descargar imágenes de Instagram. Entrada de Enter.Co, cultura digital.

Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.

As entregas posteriores ao 4 de xaneiro terán un desconto de 10 ptos por semana ata un máximo de 50 ptos, o 5 xa descontaría os primeiros 10 ptos.

As segundas correccións conlevan un desconto de 10 ptos.

O 14 de marzo péchase o aula virtual para a 2ª avaliación.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.