Tarefa 9. Elabora a túa páxina web. 2 sesións. 15/02/2020. 100 ptos. Reaberto durante o confinamento.

Sabes como é unha páxina web por dentro?

Cando abrimos co navegador unha páxina web, podemos ver diferentes elementos organizados na pantalla: Textos, imaxes, ligazóns, botóns, fondos, táboas, etc. Ademáis estes elementos poden ter diferentes características: Os textos poden empregar fontes de diferentes tamaños e cores, as imaxes poden ter diferentes tamaños, etc.

Para poder amosarnos unha páxina, os navegadores interpretan un código no que se detallan todos os seus elementos, e todas as características dos mesmos.

Le máis sobre o tema e elabora a tua propia páxina. Fuente: IES de Brión. Nas instrucións da web di que pegues o código no caderno de notas, en Windows 10, no escritorio, é botón dereito-novo-documento de texto.

A continuación está o arquivo html.

Envía o arquivo ODSXX_NomeNome.html coa túa páxina web, onde XX corresponde co número do ODS con dous díxitos. (Tamaño máximo do arquivo: 1 MB -a foto non pode ter moita calidade ou ser moi grande-)

Criterios de cualificación:

  • Varios tamaños de fonte. 10 ptos.
  • Varias cores de fonte. 10 ptos.
  • Inclúe unha imaxe centrada (relacionada co teu ODS). 20 ptos.
  • Inclúe un enlace ao Scratch no Título situado ao seu pe, na referencia. 10 ptos.
  • Título de accesibilidade no enlace (Ligazón ao Scratch. Abre en xanela nova). 10 ptos.
  • Incusta ou Embebe o teu anterior Scratch. 20 ptos. Debaixo del aparecerá a súa referencia (Título de Nome e Nome con licencia CC-BY).
  • Scratch centrado. 10 ptos.
  • As tildes aparecen correctamente. 10 ptos.

Procedemento para embeber un recurso audiovisual (Scratch, Vídeo, etc):

1º.- Para embeber ou incrustar un recurso debemos obter o seu código html.

No caso de Scratch, na páxina do proxecto, clicamos en "Copiar enlace" e logo copiamos o código (Copiar para incrustar) que aparece no cadro Embebido.

2º.- Pegamos o códido anterior no lugar do editor html no que desexemos apareza embebido (logo da lista numerada e antes de pechar a etiqueta body).

Na seguinte imaxe tedes cómo aparece o código para incrustar ou embeber dun Scratch:

As entregas posteriores ao 15 de febreiro terán un desconto de 10 ptos por semana ata un máximo de 50 ptos, o 16 xa descontaría os primeiros 10 ptos.

As segundas correccións conlevan un desconto de 10 ptos.

O 14 de marzo péchase o aula virtual para a 2ª avaliación.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.