Tarefa 5. Deseño de Personaxes. Animación e Interacións. 100 ptos. Reaberto con desconto durante o confinamento.

Neste primeiro xogo debedes programar personaxes e escenarios de xeito que se cumpran as seguintes condicións:

  • O voso Avatar moverase segundo o usuario manexe as teclas de dirección mudando de disfraz para simular o movemento.
  • O obxecto da biblioteca relacionado co voso ODS moverase de xeito aleatorio, mudando de disfraz para simular o movemento se fose preciso.
  • O meu Avatar, Neo, estará presente e perseguirá ao teu (tamén deberá simular movemento ao trasladarse).
  • Programaredes algún cambio de escenario ou disfraz cando haxa algunha interacción entre os obxectos.
  • Todas as interacións faranse con envío e recepción de mensaxes.

Envío do proxecto:

Cada quen envía nesta tarefa un texto similar a este coa correspondente personalización:

Neste enlace (enlace ao xogo na túa conta persoal de Scratch) atoparás o xogo titulado "Nome quere acadar o ODS nº X" , realizado por Nome Apelido de Curso/Grupo e a miña parella Nome Apelido de Curso/Grupo.

Criteros de avaliación. 100 ptos:

  • Texto de envío axeitado co enlace que abre en xanela nova e ten título explicativo. (10 ptos).
  • Descripción do xogo (instrucións, créditos (autor e recoñecemento aos autores dos avatares empregados). (20 ptos).
  • Xogo:
    • Personaxes vectoriais con cambio de disfraces e movemento solicitado. (3 x 10 ptos)
    • Interacción dos avatares con cambio de escenario e disfraces mediante mensaxes. (30 ptos).
    • Creatividade: 10 ptos para aportacións non incluidas nas esixencias anteriores.

Desconto por segundas correccións: cada corrección do profesor desconta un 10% da máxima nota alcanzable ata un máximo de 50 ptos.

A cualificación da primeria avaliación será a que corresponda as producións enviadas antes das 23:55 do 14 de decembro. As entregas realizadas no período extraordinario do 16 ao 28 de decembro terán un desconto de 20 ptos en concepto de entrega fora de prazo.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.