Tarefa 4: Crea o teu AVATAR. 100 ptos. 26/10/2019. Reaberto con desconto durante o confinamento.

Creade, por equipos, a vosa personaxe que será, en lugar do gato de Scratch, o protagonista das vosas historias.

Debedes visionar os videotitoriais de páxina "Debuxando con Scratch" desta Aula Virtual.

Cada parella ten asignado un ODS (15 parellas para 15 ODS, o 9 e o 17 quedan orfos) e ocupan os ordenadores segundo o seu número saltándose o 9; o ordenador 1 para o ODS 1, ..., o ordenador 9 para o ODS 10, ... e o ordenador 15 para o ODS 16.

Condicións:

  • Realizado en Modo Vectorial (xa ven por defecto en Scratch 3.0).
  • Rematade a persoaxe e centrar os eixos antes de facer as copias do disfraz para as variacións (cada difraz debe ter un nome).
  • Debe contar cun mínimo de dous disfraces para simular o movemento.
  • A presentación terá relación co ODS asignado, o aspecto e o nome poden tela ou non.

Programación:

  • Que se sitúe en x= - 200 y= - 50 ao comezar o xogo e diga o seu nome durante 2 segundos.
  • Que se mova perseguindo o cursor do rato. Que ao moverse vaia cambiando de disfraz para simular movemento. Xira sobre si mesmo? arránxao na Información do Obxecto. (Por sempre -bucle-)
  • Que se pare cando llega ao cursor do rato. (Si -condicional-)
  • Que sega a moverse cando movemos o rato de novo. (Si / Si no -condicional doble-) Pista: "Esperar hasta que..."
  • Se chegachedes hasta aquí, poderíades facer que cando a personaxe toque o cursor do rato cambie de cor, de expresión, ou algo así.

Edita o Scratch do seguinte xeito:

  • O título será o nome da personaxe.
  • En instrucións indicaredes: "Deseño do meu Avatar e que persegue ao cursor do rato".
  • Créditos: Nome Apelido de Programación de 2º da ESO.
  • Etiquetas: ieseba19, avatar19.

Envía nesta tarefa o enlace hiperenlazado ao Scratch realizado, cada un ao seu.

  • Copia a URL da ventana na que aparece o xogo, as instrucións e créditos.
  • Entra nesta tarefa, clica en "Editar mi envío" e escribe:  "NOME" é o Avatar de NomeApelido de Curso/Grupo.
  • Selecciona "NOME", clica nas cadeas (Insertar/editar hipervínculo), na primeria caixa de texto pega a URL copiada, na segunda selecciona "Abrir en xanela nova" e na terceira escribe "Ligazón ao Scratch de deseño de "NOME". Abre en xanela nova".
  • Clica en "Enviar".
  • Comproba que o enviado cumple todos os requisitos e que o enlace funciona.

Criterios de cualificación se a persoaxe está realizada en modo vector:

  • Ten disfraces de movemento co eixo no mesmo sitio. 20 ptos.
  • Aparece situado nas coordenadas sollicitadas e preséntase durante 2 segundos. 10 ptos.
  • Segue ao cursor logo de presentarse e permanece quieto cando o alcanza. 20 ptos.
  • Creatividade: cambio de cor ou expresión cando alcanza ao cursor. 10 ptos.
  • Envío da tarefa segundo instrucións. 20 ptos.
  • Scratch con título, instrucións e créditos. 20 ptos

 

Desconto por retraso do primeiro envío (as modificacións solicitadas polo profesor non contan): cada semana 10% ata un máximo de 50 ptos.

  • De 1 a 7 días, 10 ptos de desconto.
  • De 8 a 14 días, 20 ptos. de desconto.
  • ...

A cualificación da primeria avaliación será a que corresponda as producións enviadas antes das 23:55 do 14 de decembro. As entregas realizadas no período extraordinario do 16 ao 28 de decembro terán un desconto de 20 ptos en concepto de entrega fora de prazo.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.