Tarefa 3: SCRATCH, rexistro e OLA MUNDO. 100 ptos. 19/10/19. Reaberto con desconto durante o confinamento.

Antes de realizar esta tarefa é preciso que vexas o recurso Introdución a SCRATCH (para rexistrarse podes ver o titorial directamente neste enlace).

Nesta tarefa terás que enviar dous enlaces similares a estos:

  1. A URL do meu Perfil en Scratch é https://scratch.mit.edu/users/accionangel/ ao que podes acceder clicando nel.
  2. O meu primeiro Scractch, OLA MUNDO é este. (fíxate na url: https://scratch.mit.edu/projects/233245974/ e na mensaxe que aparece cando pasa o rato sobre o enlace)

Criterios de Cualificación:

  • Envío da tarefa tal e como se indica arriba. 30 ptos.
  • Título do Scratch. 10 ptos.
  • Instruccións (so a primeira frase do que puxen eu) 10 ptos.
  • Créditos. 10 ptos.
  • Escenario. 10 ptos.
  • A personaxe fala (Ola Mundo!. Neste curso imos traballar cos ODS. Nós farémolo sobre ....). 20 ptos.
  • A personaxe móvese. 10 ptos.

Cada parella ten asignado un ODS (15 parellas para 15 ODS, o 9 e o 17 quedan orfos) e ocupan os ordenadores segundo o seu número saltándose o 9; o ordenador 1 para o ODS 1, ..., o ordenador 9 para o ODS 10, ... e o ordenador 15 para o ODS 16.

A personaxe, polo de agora será o gato Scrtach, falará sobre o ODS asignado.

A cualificación da primeria avaliación será a que corresponda as producións enviadas antes das 23:55 do 14 de decembro. As entregas realizadas no período extraordinario do 16 ao 28 de decembro terán un desconto de 20 ptos en concepto de entrega fora de prazo.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.