Tarefa 1: Correo de presentación. 50 ptos. 28/09/19. Reaberto con desconto durante o confinamento.

Unha das primeiras tarefas dun novo curso, traballo en equipo, ou similar é establecer os cauces de comunicación entre os participantes: todos deberemos ter unha conta de Gmail para seguir este curso e antes de continuar coa descripción desta tarefa tes que ver esta presentación para non cometer os erros que nela se comentan. O documento final e mellor editado titúlase "Buenas prácticas usando el correo electrónico" por Pablo Lasso con licencia CC-BY-SA.

Curso completo de Gmail de Principia en YouTube con Licencia YouTube Estandard

Agora sí, xa podemos falar do correo que tedes que enviar a accionangel@gmail.com  para ter os vosos correos e poder comunicarme con vos se fose necesario..

Antes de empezar debemos asegurarnos de ter ben configurado como verán os destinatarios dos nosos correos o nome do remitente, é decir, o noso nome.

Cómo cambiar tu nombre

Por ejemplo, si tienes la dirección fandeldeporte@gmail.com con el nombre "Fan del deporte", puedes cambiarlo por "Juan", pero la dirección seguirá siendo la misma: fandeldeporte@gmail.com. 

Importante: No puedes cambiar tu nombre desde la aplicación Gmail.

  1. Abre Gmail en el ordenador.
  2. Arriba a la derecha, haz clic en la rueda dentada Ajustes y, a continuación, Configuración. 
  3. Haz clic en la pestaña Cuentas e importación o Cuentas.
  4. En el apartado "Enviar como", haz clic en Editar datos.
  5. Añade el nombre que quieres que aparezca cuando envíes mensajes.
  6. Haz clic en el botón Guardar cambios al final de la página.

Desta forma cuando reciba un correo voso verei o nome completo, independentemente de que debades firmar os vosos correos.

Asunto (importantísimo e obrigatorio, é un resume da mensaxe):

Presentación de Nome Apelido de Curso-Grupo

Mensaxe (saúdo, contido e despedida):

Ola Ángel/............, (o que corresponda)

escríbote este correo para presentarme e para que teñas o meu correo electrónico, son Nome Apelido Apelido de Curso-Grupo.

Saúdos

Nome Apelido Apelido

Unha vez enviado o correo farás a túa primeira entrega na Aula Virtual, nesta tarefa has de enviar unha mensaxe deste tipo:

Xa te enviei o meu correo de presentación. A miña dirección de correo electrónico é usuario@gmail.com

Criterios de Cualificación:

Envío correcto do correo: 30 ptos.

Entrega correcta desta tarefa: 20 ptos.

Desconto por envío/entrega fora de prazo: 5 ptos por semana ata un máximo de 25 ptos.

NOTA IMPORTANTE

UN USUARIO NON TRANSPARENTE,

MAL SONANTE,

IRRESPETUOSO

OU QUE INCLÚA ANO DE NACEMENTO

NON SERÁ ADMITIDO COMO VÁLIDO.

Se non tes unha conta de Gmail e precisas axuda, clica AQUÍ.

A cualificación da primeria avaliación será a que corresponda as producións enviadas antes das 23:55 do 14 de decembro. As entregas realizadas no período extraordinario do 16 ao 28 de decembro terán un desconto de 10 ptos en concepto de entrega fora de prazo.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.