Fotografía 06. Enfoque. 100 ptos. 9/11/2019
El autofocus o enfoque automático de nuestros equipos es fantástico y maravilloso, nos saca de muchísimos apuros y tiende a ser más eficaz que nosotros mismos, siempre que no controlemos bien el enfoque manual. Lo que ocurre es que, en muchas ocasiones, el autofocus no funciona como esperábamos, por ejemplo, cuando disponemos de poca luz, o cuando es una escena sin apenas contraste.
En esos momentos la frustración se puede apoderar de nosotros porque no logramos que la cámara enfoque y claro, como no estamos acostumbrados a enfocar en manual, no sabemos o no nos atrevemos.
Pues este es el momento. Una vez más, da igual qué motivo o motivos de tu casa elijas; lo importante es que pongas el enfoque en manual y no pares hasta que lo enfoques perfectamente.
Fonte: 7 ejercicios fotográficos que puedes hacer en casa de El Blog del Fotógrafo.
Tarefa:
Realiza un mínimo de 10 fotografías con distintos enfoques (cada unha levará por título o efecto ou obxecto que enfoca e a metade será sobre obxectos en movemento). Dado que logo terás que facer unha montaxe en vídeo escolle se todas van a ser tomadas en vertical ou horizontal, vídeo para móbil ou pantalla ordenador (TV).
Garda as imaxes nun cartafol co nome da tarefa, Fotografía_06_Enfoque, dentro da túa carpeta persoal de Drive.
Realiza un vídeo coas imaxes empregando o editor de vídeo Shotcut. Vídeo con música CC de fondo, matizada ou con efecto diferenciador en cada imaxe e con 6 segundos para cada unha. Na portada, sobre fondo liso, o título coincidirá co nome da tarefa. Na contraportada incluirás o nome e apelidos do autor e a licencia "Creative Commons" BY-NC-SA que combina as propiedades "recoñecemento"-"non comercial"-"compartir igual" así como título, autor, aloxamento e licencia de cada un dos recursos alleos empregados.
Aloxa o vídeo na túa canle de YouTube e na descripción indica que é un traballo académico da materia de Imaxe e Son no IES Eduardo Blanco Amor realizado no curso 2019/20. Etiquétao como "Formación" ou "Educación" e escolle a licencia Creative Commons (haberá desconto especial se a licencia é YouTube Estandar). Na descrición tamén indicarás título (enlazado), autor, aloxamento e licencia de cada un dos recursos alleos empregados.
Envía nesta tarefa os dous enlaces de xeito similar a:
Xa rematei a tarefa e podes acceder ás imaxes gardadas no cartafol Fotografía_06_Enfoque de Drive e á correspondente montaxe no vídeo titulado Fotografía_06_Enfoque.
Os textos en azul serán os enlaces e terán título de accesibilidade que indique a onde levan e como abren (xanela nova).
s.
Criterios de cualificación:
- Ligazón ao cartafol de Drive con título de accesibilidade axeitado que abra en xanela nova e amose as imaxes. 10 ptos.
- As composicións son distintas e responden ao título. 20 ptos. Os nomes das imaxes serán do estilo: F_06_Enf_01.jpg (png), F_06_Enf_02.jpg (png), ...
- Ligazón ao vídeo en YouTube con título de accesibilidade axeitado que abra en xanela nova. 10 ptos.
- Arquivo de son de Audacity (.aup) en Drive con 1 ou 10 pistas (banda sonora cos efectos na mesma ou con cada efecto nunha pista) de nome Son_05_VelocidadeObturación. 30 ptos.
- Título en portada. Créditos finais: información de autoría e licencia do vídeo e de todos os recursos alleos (título, autor, aloxamento e licencia). 10 ptos.
- Indicar título da banda sonora, autor, aloxamento e licencia na descrición do mesmo en YouTube, o título irá enlazado ao audio de forma que se vexa o resto de información, especialmente la licencia. 10 ptos.
- O nome do arquivo da banda sonora gardado en Drive será: AudioF03_Título_Autor_Aloxamento_Licencia.*. 10 ptos.
Precaucións: se escolledes recursos de Dominio Público ou CC-BY non tenredes problemas para a súa incorporación independientemente da licencia que escollades para a vosa creación. No caso de calquer uotra licencia debedes comprobar que sexa compatible coa vosa, aquí podedes comprobalo.
Toda tarefa entregada desde as 23:55 do 16 de novembro ata as 23:55 do 7 de decembro será correxida/avaliada/cualificada para a 2ª avaliación cun desconto de 10 ptos. Se a entrega se produce posteriormente pero antes das 23:55 do 21 de decembro o desconto será do 20%.