Fotografía 05. Velocidade de obturación. 100 ptos. 2/11/2019
Para controlar la velocidad de obturación te proponemos un ejercicio que no es fácil, requiere de práctica, pero cuando lo consigas darás saltos de alegría y puede hasta que te marques un baile cuando te invada la satisfacción. Se trata de fotografiar una gota de agua. En este artículo tienes explicado paso a paso cómo lograrlo sin morir de desesperación.
Avisamos, requiere de un poquito de paciencia, pero no tenías prisa por irte a la calle, ¿verdad? ;P
Fuente: 7 ejercicios fotográficos que puedes hacer en casa de El Blog del Fotógrafo.
Tarefa:
Realiza un mínimo de 10 fotografías con distintos enfoques (cada unha levará por título o efecto ou obxecto que enfoca e a metade será sobre obxectos en movemento). Dado que logo terás que facer unha montaxe en vídeo escolle se todas van a ser tomadas en vertical ou horizontal, vídeo para móbil ou pantalla ordenador (TV).
Garda as imaxes nun cartafol co nome da tarefa, Fotografía_05_VelocidadeObturación, dentro da túa carpeta persoal de Drive.
Realiza un vídeo coas imaxes empregando o editor de vídeo Shotcut. Vídeo coa túa voz (non recoñecible mediante 3 efectos distintos) presentando os títulos das imaxes sobre música CC de fondo e con 6 segundos para cada imaxe. Na portada, sobre fondo liso, o título coincidirá co nome da tarefa. Na contraportada incluirás o nome e apelidos do autor e a licencia "Creative Commons" BY-NC-SA que combina as propiedades "recoñecemento"-"non comercial"-"compartir igual" así como título, autor, aloxamento e licencia de cada un dos recursos alleos empregados.
Aloxa o vídeo na túa canle de YouTube e na descripción indica que é un traballo académico da materia de Imaxe e Son no IES Eduardo Blanco Amor realizado no curso 2019/20. Etiquétao como "Formación" ou "Educación" e escolle a licencia Creative Commons (haberá desconto especial se a licencia é YouTube Estandar). Na descrición tamén indicarás título (enlazado), autor, aloxamento e licencia de cada un dos recursos alleos empregados.
Envía nesta tarefa os dous enlaces de xeito similar a:
Xa rematei a tarefa e podes acceder ás imaxes gardadas no cartafol Fotografía_05_VelocidadeObturación de Drive e á correspondente montaxe no vídeo titulado Fotografía_05_VelocidadeObturación.
Os textos en azul serán os enlaces e terán título de accesibilidade que indique a onde levan e como abren (xanela nova).
Criterios de cualificación:
- Ligazón ao cartafol de Drive con título de accesibilidade axeitado que abra en xanela nova e amose as imaxes. 10 ptos.
- As composicións son distintas e responden ao título. 20 ptos. Os nomes das imaxes serán do estilo: F_05_VelObt_01.jpg (png), F_05_VelObt_02.jpg (png), ...
- Ligazón ao vídeo en YouTube con título de accesibilidade axeitado que abra en xanela nova. 10 ptos.
- Arquivo de son de Audacity (.aup) en Drive con 4 pistas (banda sonora, efecto 1 para as primeiras 8 imaxes, efecto 2 para a novena e efecto 3 para a décima imaxe) de nome Son_05_VelocidadeObturación. 30 ptos.
- Título en portada. Créditos finais: información de autoría e licencia do vídeo e de todos os recursos alleos (título, autor, aloxamento e licencia). 10 ptos.
- Indicar título da banda sonora, autor, aloxamento e licencia na descrición do mesmo en YouTube, o título irá enlazado ao audio de forma que se vexa o resto de información, especialmente la licencia. 10 ptos.
- O nome d arquivo da banda sonora gardado en Drive será: AudioF03_Título_Autor_Aloxamento_Licencia.*. 10 ptos.
Precaucións: se escolledes recursos de Dominio Público ou CC-BY non tenredes problemas para a súa incorporación independientemente da licencia que escollades para a vosa creación. No caso de calquer uotra licencia debedes comprobar que sexa compatible coa vosa, aquí podedes comprobalo.
Toda tarefa entregada desde as 23:55 do 16 de novembro ata as 23:55 do 7 de decembro será correxida/avaliada/cualificada para a 2ª avaliación cun desconto de 10 ptos. Se a entrega se produce posteriormente pero antes das 23:55 do 21 de decembro o desconto será do 20%.