WDUHD: VFUDWFK FRP FLIUDGR FHVDU. Por parellas, 100 ptos. Antes do 9 de marzo. Hasta el 16 con descuento. REABERTO ata o 20/04/19.
WDUHD: VFUDWFK FRP FLIUDGR FHVDU. Por parellas, 100 ptos. Antes do 9 de marzo. Hasta el 16 con descuento. REABERTO ata o 20/04/19. (4/04/19). DESCONTO POR ENTREGAS FORA DE PLAZO: 20 ptos.
Se queres saber o que tes que facer nesta tarefa, o que está indicado no título, le o artigo "Ejemplos de uso del cifrado César en un escape room educativo".
Eiquí tes dúas pistas equivalentes coas que descifrar o título mediante a presentación Cifrado César EduEscapeRoom:
- Canto suma 2019?
- Xira o pequeno 320º
Tedes 3 sesións presenciais. Entrega límite para o 9 de marzo.
Ide pensando en facer 5 equipos (mínimo de 5 compoñentes e máximo de 7).
Realizade por parellas un Scratch que conteña un código cifrado. Dado que buscando en Google "cifrado César" xa encontramos unha web que cifra e descifra probando con distintas claves, o voso Scratch non pode conter un cifrado simple, tedes que facer algunha variación para que esa web non resolva o voso enigma. Pero debedes dar a pistas suficientes para resolvelo. A solución non se debe incluir nin nas instruccións nin no interior do Scratch, tedes que escribilo nesta tarefa cando entreguedes o enlace.
Envía o enlace ao Scratch de xeito similar a: O Enigma titulado **************** foi realizado por Nome Apelido e Nome Apelido. Os asteriscos, que se corresponden co título do voso Scratch, serán a ligazón ao mesmo e terá o seguinte título de accesibilidade: "Ligazón ao Scratch na conta de Nome Apelido. Abre en xanela nova". (Nome Apelido debedes sustituilo polo voso, lembrade que cada un envía a ligazón ao Scratch de parella aloxado na súa propia conta de Scratch).
Criterios de Cualificación:
- Envío segundo enunciado (20 ptos):
- Exactitude do texto a entregar nesta tarefa, 5 ptos.
- Enlace no título, 5 ptos.
- Enlace que abre en xanela nova, 5 ptos.
- Título de accesibilidade, 5 ptos.
- Scratch (80 ptos):
- Título creativo, 5 ptos.
- Instruccións, 10 ptos.
- Créditos (autores, referencia de recursos alleos se os houber), 5 ptos.
- Portada de presentación do xogo/enigma, 10 ptos.
- Cifrado César, 20 ptos.
- Variante do cifrado para evitar a web de cifrado/descifrado automático, 10 ptos.
- Proba para determinar a clave do cifrado César, 10 ptos.
- Música, 5 ptos. Referenciado da música nos créditos, 5 ptos.
Recursos aproveitables con desconto:
Se facedes unha reinvención ou aproveitades algún obxecto, fondo ou código do meu Scratch, Criptografía. Cifrado César, teredes un desconto de 20 ptos.
Habilitouse a entrega entre o 9 de marzo e o 16 (23:55) pero con un desconto de 10 ptos.