Tarefa 2.1. Mulleres STEM. Planificación. 50 ptos. 190119.
Tarefa de entrega individual e traballo por parellas para entregar antes do 19 de xaneiro. O día 26 de xaneiro 2 de febreiro péchase o Aula Virtual e as entregas realizadas entre o 26 e o 2 terán un desconto de 10 ptos..
Nesta tarefa individual recollerás ideas sobre o teu novo Scratch, comeza indicando con quen farás parella e de que cursos sodes.
A continuación comparte o tema sobre o que traballarás e como pensas desenvolver o xogo.
Lembra que debe haber interacción co xogador (preguntas-respostas, xogos, ...) ao mesmo tempo que lle facilitas información (mediante diálogos entre personaxes ou directamente, ...) e non esquezas que debe haber un marcador (puntos, vidas, nivéis acadados, ...).
A personaxe a desenvolver será a que engadistes ao glosario, non pode haber varios scratchs sobre a mesma muller. A partires deste punto comezaredes a documentarvos e traballar nos fondos, personaxes, programas, ...
Criterios de cualificación (50 ptos):
- Título e autores do novo xogo.
- Personaxes que participan.
- Desenvolvemento do xogo tendo en conta o tema escollido, como van ser os escenarios, que faran as personaxes, como intervén o usuario ou xogador, que tipo de marcador vai ter, será tipo historia narrada ou xogo, ...
- Corrección na expresión: emprego de párrafos por temas, frases curtas e ben estruturadas (non se admitirán textos telegráficos), sen faltas ortográficas. Extensión mínima 200 palabras.