Metauniversos Cotidianos, Adaptación. Vídeo e voces. 100 ptos. Fecha tope 17 novembro.
Logo de realizar por equipos o guión dialogado para a vosa adaptación de Metauniversos Cotidianos tedes que realizar por parellas o vídeo da mesma.
Editor de vídeo obrigatorio: OPENSHOT.
Cada equipo dividirase por parellas/tríos e realizará en vídeo a versión do seu equipo de xeito que teríamos varias versións da mesma adaptación. unha nova adaptación do guión segundo as instrucións comentadas na clase debido á pouca, ou nula, creatividade amosada ata o momento. As novas condicións serían:
- Todas as diapositivas (pódese variar a orde de aparición) nun vídeo de 1 minuto (título e creditos aparte).
- Suxírese a escolla dunhas imaxes clave, 3 ou 4 ao meu entender, crear a historia ao arredor delas configurándoas como puntos de xiro e desenlace. O resto de imaxes poden condensarse a xeito de flashbacks ou similar.
O resultado final publicarase en YouTube de xeito PRIVADO. (Diferencias entre vídeo oculto, privado, público y programado en YouTube)
Cada un de vos ten que aloxar o vídeo na súa canle e enviar o enlace acortado ao mesmo.
Criterios de cualificación:
- Entrega da tarefa segundo o indicado. 10 ptos (se falta algo a cualificación será 0).
- Vídeo: 60 ptos.
- Título y Créditos. 10 ptos.
- Duración. 10 ptos.
- Voces perfectamente audibles. 10 ptos.
- Existencia de narrador e diálogos (todos os compoñentes teñen que participar). 10 ptos.
- Creatividade na condensación das imaxes. 20 ptos.
- Información (Autores e indicación de que é unha adaptación do orixinal de Loly Villoch para a materia de ... ) 10 ptos.; e configuración (privado) 20 ptos.
Envía o enlace ao vídeo privado aloxado na túa canle de YouTube. Escrebe o seu TÍTULO e enlázao de xeito que abra en xanela nova e teña o título de accesibilidade oportuno.
O aula virtual non permite entregas posteriores ás 23:55 hotas do sábado 17 de novembro.