Tarefa 1.5: Labirintos. Documentación. 100 ptos. 6/12/18. Aprazado ata o 12, con desconto. REABERTO PARA TAREFAS NON ENTREGADAS ata o 31-XII-2018.
Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 100 ptos. Data de Entrega 1 de decembro. O 6 de decembro péchase a tarefa. APRAZADO ATA O 12 con desconto de 10 ptos.
Neste 1º RETO tes que Deseñar un Xogo de Labirinto na túa conta persoal de Scratch.
O labirinto debe incluir unha imaxe de portada con Licencia CC na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.
Esta tarefa recolle a puntuación da parte documental do voso labirinto. As características creativas cualificaranse na segunda parte desta tarefa.
Se clicas na seguinte imaxe podes acceder ao meu (programación incompleta).
Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo este capítulo do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual e tamén poderías xerar un dos laberintos empregando o Xerador comentado neste artigo de Microsiervos.
Tamén podes ollar o estudio de labirintos dos cursos pasados: ieseba_16_labirintos. ieseba_17_labirintos
Entrega:
Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.
- Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
- Selecciona o Título.
- Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
- Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
- Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova".
- Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
- Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".
Criterios de cualificación (100 ptos - 10% por cada semana de retraso):
- Título hiperenlazado en xanela nova con texto accesible. 20 ptos.
- Scratch con título. 10 ptos.
- Instrucións do xogo. 30 ptos.
- Créditos do xogo. 30 ptos.
- Etiquetas: labirinto18 e ieseba18. 10 ptos.
So se aplicarán estes criterios se o xogo ten como mínimo un labirinto funcional (saída, regreso á saída se se tocan as paredes, meta con evento).
Créditos do xogo: Nome e Apelido dos autores. Nome, autor, orixe e licencia da imaxe da portada do labirinto.
Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.