Tarefa 1.4: O primeiro xogo. 100 ptos. 3/11/18. REABERTO PARA TAREFAS NON ENTREGADAS ata o 31-XII-2018.
Neste primeiro xogo debedes programar personaxes e escerarios de xeito que se cumpran as seguintes condicións:
- O teu Avatar moverase segundo o usuario manexe as teclas de dirección mudando de disfraz para simular o movemento.
- O Avatar do teu compañeiro moverase de xeito aleatorio, tamén mudando de disfraz para simular o movemento.
- O meu Avatar, Neo, estará presente e perseguirá ao teu (tamén deberá simular movemento ao trasladarse).
- Programaredes algún cambio de escenario ou fondo cando haxa algunha interacción entre os Avatares.
Envío do proxecto:
Cada quen envía nesta tarefa un texto similar a este coa correspondente personalización:
Neste enlace (enlace ao xogo na túa conta persoal de Scratch) atoparás o xogo titulado "..........." , realizado por Nome Apelido de Curso/Grupo e no que tamén está o Avatar da miña parella Nome Apelido de Curso/Grupo.
Criteros de avaliación. 100 ptos:
- Texto de envío axeitado co enlace que abre en xanela nova e ten título explicativo. (10 ptos).
- Descripción do xogo (instrucións, créditos (autor e recoñecemento aos autores dos avatares empregados), etiquetas (ieseba18, avatar18). (30 ptos).
- Xogo:
- Personaxes vectoriais con cambio de disfraces e movemento solicitado. (3 x 10 ptos)
- Interacción dos avatares con cambio de escenario ou fondo. (20 ptos).
- Creatividade: 10 ptos para aportacións non incluidas nas esixencias anteriores.
Desconto por retraso do primeiro envío (as modificacións solicitadas polo profesor non contan): cada semana 10% ata un máximo de 50 ptos.
- De 1 a 7 días, 10 ptos de desconto.
- De 8 a 14 días, 20 ptos. de desconto.
- ...
A cualificación da primeria avaliación será a que corresponda as producións enviadas antes das 23:55 do 6 de decembro. Entregas posteriores serán tidas en conta en sucesivas avaliacións, nestes casos a cualificación máxima será do 50% da cualificación máxima inicial.