Tarefa 1.2: Actualización do Perfil na Aula Virtual. 100 ptos. 6/10/18. REABERTO PARA TAREFAS NON ENTREGADAS ata o 31-XII-2018 -->>>>>>>>> 20/04/2019.
Tarefa 1.2: Actualización do Perfil na Aula Virtual. 100 ptos. 6/10/18. REABERTO PARA TAREFAS NON ENTREGADAS ata o 31-XII-2018 20/04/2019. (4/04/19)
Actualiza o teu perfil da Aula Virtual.
- Foto actual en primeiro plano.
- Nome e Apelidos correctamente escritos (maiúsculas, tildes,...)
- Correo de Gmail (imprescindible telo e saberse o usuario e contrasinal en todo momento).
- Curso e Grupo no que estás.
- Usuario Scratch.
Cuando remates copia a url do teu perfil (a direccíón da pantalla onde se vexa todo o anterior), clica embaixo en "Editar mi envío", na caixa de texto escribe o que pretendes enviar e cando o fagas clica en "Enviar".
A túa entrega será similar a esto:
A url do meu perfil é ésta: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/profile.php?id=38
Fixácheste que ocorre cando pasas o rato sobre o enlace? esa é a mensaxe de accesibilidade e telo explicado ao final desta tarefa.
Criterios de Cualificación:
- Esta tarefa ten unha cualificación de 100 ptos segundo os seguintes criterios: Foto de perfil, ata 40 ptos:
- Foto próxima e clara do rostro, claramente recoñecible, 40 ptos.
- Foto da persoa pero que non cumpre todas as características anteriores, 20 ptos.
- Foto calquera, 10 ptos.
- Nome, Apelidos, Curso, Grupo, Usuario Scratch, 20 ptos.
- Correo electrónico gmail, 10 ptos.
- Envío segundo o indicado (presentación e URL longa enlazada, que abra en xanela nova e teña mensaxe de accesibilidade), 30 ptos.
Consello:
Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.
Titorial: Como facer un bo enlace.
- Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
- Clica na icona das cadeas (Insertar/editar hipervínculo)
- Na xanela que se abre cubrir os 3 cadros de texto:
- "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
- "Destino", debedes escoller "Abrir en ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
- "Titulo", eiquí escribiremos o que hai baixo o enlace e como se accederá a elo. Neste caso "Ligazón ao perfil de Ángel Acción. Abre en xanela nova"
- Remátase clicando en "Insertar".