Avaliación do curso. 100 ptos. 10 de xuño.
Nesta tarefa terás que analizar a túa participación na materia neste curso así como a de cada un dos compoñentes do teu grupo. Logo fai unha crítica constructiva da materia e do profesor.
Como suxerencia segue este guión:
- Respecto da miña participación.
- Que aprendín?, se estiven a gusto, motivado?
- Respecto dos meus compañeiros.
- Quen me axudou, quen tirou do grupo, quen distorsiona, quen non traballa, ...?
- Respecto do traballo en equipo.
- Se volvese ao momento da formación dos equipos faría algo distinto? O equipo está cohesionado ou hai grupiños? Coñecín mellor a algún deles ao traballar xuntos? Que descubrín?
- Respecto do profesor.
- Explicoume o que preguntei? Vai moi rápido, ;)? Explica moito/pouco? Suxestións.
- Respecto da materia.
- Os contidos/actividades son atractivos? Debería haber máis explicacións? Que opinas do sistema de puntuación?
- Sobre as actividades propostas.
- Motivadoras? Útiles? Aburridas?
- Sorprendéronme?
- Sobre o Aula Virtual.
- Os Foros serven para reflexionar sobre os Temas Transversais que se deberían tratar en todas as materias?
- Debería haber máis?
- Debería traballarse algo máis sobre estos temas na clase? Podémolo organizar para a derradeira semana do curso.
- Dominas xa a consulta de tarefas e as entregas? Os enlaces, abrir en xanela nova, ...
- Prefires un libro de texto?
- As actividades que máis me gustaron foron ....
- As actividades que menos me gustaron ....
- Eu cambiaría ...
E calquera outra cousa que se lle ocurra, queixa ou suxestión.
Esta tarefa ten unha cualificación máxima de 100 puntos acadables segundo a extensión-seriedade-profundidade da valoración persoal. Respostas breves sen matizar ou tipo "test" de si/non non recibirán unha cualificación significativa.
Esta tarefa é persoal e confidencial. Tedes total libertade para criticar calquera cousa que non será tida en conta de xeito negativo, ainda que debedes saber que todo se pode criticar sen resultar ofensivo ou desagradable, preténdese unha crítica constructiva que axude a mellorar o proceso educativo.
A data do 10 de xuño é improrrogable.
Como orientación pensade que 1000 palabras dun texto coherente, reflexivo e constructivo suporán os 100 puntos.