Avaliación Extraordinaria de Setembro 2018. 4/09/2018, Informática 1.

Aquí tes o Scratch "ExameSetembro2018_NomeApelido" reinvéntao na túa conta co título axeitado.

Realiza o que che indica o gato.

Cando remates entrega nesta tarefa o título do teu Scratch enlazado ao mesmo de xeito que abra en xanela nova e amose un título indicativo cando coloquemos o rato sobre o nome.

Criterios de Cualificación:

  • 1 pto. Título axeitado que enlaza ao Scratch na túa conta, abrindo en xanela nova e con información cando o cursor está enriba do título.
  • 1 pto. Instrucións, Créditos e Etiquetas.
  • 1 pto. Secuencia das 4 imaxes co tempo indicado.
  • 1 pto. A túa personaxe (a creada no curso polo teu grupo) presenta cada unha das imaxes.
  • 1 pto. A túa personaxe pregunta sobre a última imaxe.
  • 1 pto. Segundo a resposta (axeitada ou errada) aparece unha mensaxe/imaxe oportuna.
  • 1 pto. Coa resposta axeitada amósase un punto nun marcador.
  • 1 pto. Todo o xogo transcurre cunha música de fondo.
  • 1 pto. A música de fondo cambia segundo a resposta final.
  • 1 pto. Creatividade (transicións entre as imaxes, efectos, ...).