Descubrir CULLEREDO. O Xogo. Creatividade. 100 ptos. 4 de marzo.

Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 50 ptos. Data de Entrega 4 de marzo. O 11 de marzo péchase a tarefa.

Neste 2º RETO tes que Deseñar un Xogo ambientado en CULLEREDO na túa conta persoal de Scratch.

O xogo debe incluir unha imaxe de portada realizada por vos cos vosos móbiles ou cámaras dixitais e na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.

Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo os capítulos 5 (Videotitoriais de Héctor de las Heras) e 6 (Videotitoriais de Sergio Palay) do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual.

Tamén podes ollar o estudio de labirintos do curso pasado: ieseba_16_Culleredo.

Entrega (tes que repetir o xa feito na primeira parte da Tarefa de Descubrir Culleredo):

Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.

  • Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
  • Selecciona o Título.
  • Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
  • Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
  • Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova". 
  • Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
  • Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".

Criterios de cualificación (100 ptos):

  • Dado o carácter creativo non procede listar obxectivos, os 100 ptos irán para os máis creativos e de ahí proporcionalmente cualificaranse os demáis.

Ideas ou Suxestións (cada unha podería corresponder cun 10% da nota):

  • Imaxes propias.
  • Nivel de interacción co usuario ou xogador.
  • Número de escenarios ou niveis.
  • Efectos visuais.
  • Efectos sonoros.
  • Inclusión de mapas (google maps).
  • Menú de opcións no comezo do xogo.
  • Marcadores (nivel de pantalla, puntos, ...)
  • Páxina final de despedida e cos créditos.
  • Otros.

Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.