Descubrir CULLEREDO. Planificación. 50 ptos. Data de entrega: 4 febreiro.
Tarefa de entrega individual e traballo por parellas para entregar antes do 4 de febreiro. O día 11 de febreiro péchase o Aula Virtual.
Nesta tarefa individual recollerás ideas sobre o teu novo Scratch, comeza indicando con quen farás parella e de que cursos sodes.
A continuación comparte o tema sobre o que traballarás e como pensas desenvolver o xogo.
Lembra que debe haber interacción co xogador (preguntas-respostas, xogos, ...) ao mesmo tempo que lle facilitas información (mediante diálogos entre personaxes ou directamente, ...) e non esquezas que debe haber un marcador (puntos, vidas, nivéis acadados, ...). Sería interesante que incorporásedes fotos da vosa colleita (feitas co móbil, por suposto).
O 5 de febreiro veremos todas as vosas ideas e comezaredes a documentarvos e traballar nos fondos, personaxes, programas, ...
Criterios de cualificación (50 ptos):
- Título e autores do novo xogo.
- Tema do xogo: lugares, igrexas, monumentos, deportes, centros educativos, bibliotecas, turismo, ...
- Personaxes que participan.
- Desenvolvemento do xogo tendo en conta o tema escollido, como van ser os escenarios, que faran as personaxes, como intervén o usuario ou xogador, que tipo de marcador vai ter, será tipo historia narrada ou xogo, ...
- Corrección na expresión: emprego de párrafos por temas, frases curtas e ben estruturadas (non se admitirán textos telegráficos), sen faltas ortográficas. Extensión mínima 200 palabras.