Tarefa 2.2: Labirintos II. Creatividade. 100 ptos. 21 de xaneiro.
Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 100 ptos. Data de Entrega 21 de xaneiro. O 5 de febreiro péchase a tarefa.
Neste 1º RETO tes que Deseñar un Xogo de Labirinto na túa conta persoal de Scratch.
O labirinto debe incluir unha imaxe de portada con Licencia CC na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.
Esta tarefa recolle a puntuación da parte creativa do voso labirinto.
Se clicas na seguinte imaxe podes acceder ao meu (programación incompleta).
Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo este capítulo do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual e tamén poderías xerar un dos laberintos empregando o Xerador comentado neste artigo de Microsiervos.
Tamén podes ollar o estudio de labirintos do curso pasado: ieseba_16_laberintos.
Entrega (tes que repetir o xa feito na primeira parte da Tarefa de Labirintos):
Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.
- Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
- Selecciona o Título.
- Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
- Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
- Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova".
- Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
- Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".
Criterios de cualificación (100 ptos - 10% por cada semana de retraso):
- Dado o carácter creativo non procede listar obxectivos, os 100 ptos irán para os máis creativos e de ahí proporcionalmente cualificaranse os demáis.
Ideas ou Suxestións:
- Labirinto para 2 xogadores.
- Máis fondos-nivéis.
- Efectos visuais
- Menú de opcións no comezo do xogo.
- Marcadores (nivel de pantalla, puntos, ...)
Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.