Orientación Académica. Obxectivos do curso. 50 ptos. Antes das 23:55 do 22 de outubro. Reabierto hasta el 31 de diciembre.

Tarefa retrasada ao 22 de outubro porque non vola comentei na clase. A data é pechada, a plataforma non permitirá entregas posteriores.

Estades rematando a Educación Secundaria e é preciso determinar obxectivos para planificar a súa consecución.

Deberías ler esta presentación agora e así saberás onde resolver a maioría das dúbidas que te poidan xurdir ao longo do curso.

Copia a seguinte estrutura e resposta a continuación de cada pregunta:

  • Nota media de 1º de bacharelato (2 decimais): 
  • Nota media necesaria en 2º de bacharelato para acadar unha media total de 5,67:

Nas seguintes cuestións engade (copia-pega) as liñas necesarias para segundas opcións.

  • Quero estudar un Grao Universitario de (opción 1): 
    • A súa nota de corte no curso 2017/18 foi de (Galicia) (poñer as das universidades candidatas):
  • Quero estudar un Ciclo Superior de (opción 1): 
  • Quero preparar oposicións a (opción 1): 

Observacións ou dúbidas:

Para calcular a Nota de Acceso (fase voluntaria) e a Nota de Admisión (probable, xa que as ponderacións poden variar dun ano para outro de dunha comunidade autónoma a outra) podedes empregar o este simulador. 

Como podedes ver, é un simulador dunha autonomía sen idioma propio polo que non o contempla no cálculo da parte obrigatoria. Podedes saltarvos esta limitación introducindo nalgunha das outras materias obrigatorias a media entre ela e Galego.