Tarefa para casa: LIGHTBOT. 100 ptos. Data de entrega: 5 de novembro ás 23:55. Reabierto hasta el 31 de diciembre.
Esta tarefa é para realizar íntegramente na casa de xeito individual, ten unha puntuación máxima de 100 ptos. e debe entregarse antes das 23:55 horas do 5 de novembro do 2017. Non se permiten entregas posteriores.
Clica na seguinte imaxe e accede a un xogo de programación con 15 niveis nos que podes obter medallas de ouro, prata ou bronce segundo os vaias resolvendo como un maestro, un profesional ou un aprendiz.
Reaberta ata o 8 de decembro, pero co desconto do 10% por cada semana de retraso.
Cando remates os 15 niveis, ou cando queiras dar por rematada a experiencia, envía unha captura de pantalla similar á miña (fíxate que o cursor está sobre a pestaña da miña conta Gmail para identificar que está realizada por min) en formato .png para avaliar a túa práctica de programación segundo o segunte criterio de puntuación:
- Medalla de ouro: 6 ptos.
- Medalla de prata: 4 ptos.
- Medalla de bronce: 2 pto.
- Polo mero feito de participar e enviar unha captura de pantalla en formato .png na que se te identifique (pestaña do correo) recibes 10 ptos.
Esta captura tería unha cualificación de 36 ptos desglosados do seguinte xeito:
- 2 medallas de ouro: 12 ptos.
- 3 medalla de prata: 12 ptos.
- 1 medalla de bronce: 2 pto.
- Supoñendo que esta imaxe (a que tería que entregar nesta tarefa) tivese o seguinte nome (fíxate na extensión) Medallas_Lightbot_AngelAccion.png sumaría 10 ptos.
Como facer unha captura de pantalla.
- Opción 1:
- unha vez escollida a imaxe a capturar (rato sobre a lapela do correo para que amose o voso nome) clicar na tecla ImpPt (Imprimir Pantalla) ou PrtSc (Print Screen). Neste momento non se aprecia nada novo pero o ordenador fixo unha foto da pantalla e gardouna no portapapeles.
- Abrides un programa de debuxo como Paint (unha diapositiva de Google Slides ou un debuxo de Google Draw tamén valerían) e clicades en Pegar (ou botón dereito do rato Pegar ou a combinación de teclas Ctrl + V)
- Gardades a imaxe con formato .png (é similar ao jpg tradicional) co nome arriba indicado no lugar que vos pareza axeitado.
- Opción 2, se tedes Windows 10:
- Neste caso tedes que buscar o xeito de que apareza o voso nome nalgún sitio xa que o cursor sobre a lapela do correo non serve porque temos que empregalo para outro menester.
- Unha vez teñades preparada a pantalla a capturar, ides á barra de tarefas (despregable na parte inferior da pantalla) e escribides "Recortes" na caixa de texto da esquerda. Clicades na aplicación e logo en "Nuevo", a pantalla volverase algo traslúcida. Neste momento imos á esquina superior esquerda da captura que queiramos, clicamos co botón esquerdo e arrastramos ata a esquina inferior dereita que consideremos, soltamos o botón e xa temos a captura. Poñémoslle nome e gardámola.