Tarefa final: Explorando Marte. Data tope: 4 de xuño ás 23:55
O proxecto desta 3ª Avaliación é unha adaptación do Concurso "Explorando Marte" xa que non imos participal nel nin temos, polo tanto, acceso ao deseño da superficie da misión.
A idea é programar o MakeBlock Ranger para que percorra unha superficie irregular seguindo unha liña negra ata un lugar onde se atopa unha esfera de diámetro 6 cm que debe recoller e levar de volta á posición de saída.
Criterios de cualificación.
Cando o robot completa cada unha das probas recibirá a puntuación correspondente:
- Zona de aterraxe e comprobacións iniciais (40 ptos). O robot partirá dunha explanada blanca, emitirá un pitido antes de comezar a súa viaxe (comezo do cronómetro) e explorará o terreo ata atopar o comezo do camiño sinalado cunha liña negra.
- Pitido inicial, 10 ptos. O elemento de recollida é mecánico, programable e teóricamente funciona realizando probas, 10 ptos. O elemento de recollida foi impreso en 3D na clase, 10 ptos. Atopa a liña negra e comeza a seguila (5 cm), 10 ptos.
- Percorrido ata a zona de recollida de mostras (10 ptos). Entre a zona de aterraxe e a de recollida de mostras o terreo é irregular e o robot so contará cunha liña negra que se adapta ao chan para orientarse.
- Ramata o percorrido de ida, 10 ptos.
- Recollida de mostras (20 ptos). O obxectivo do robot é recoller unha esfera de poliestireno expandido de 6 cm de diámetro.
- Atopa a esfera, 10 ptos. Recolle a esfera, 10 ptos.
- Retorno á nave nutriz (30 ptos). Dado que a autonomia da batería do robot é limitada non poderá permanecer na zona de recollida de mostras máis dun minuto, transcurrido ese tempo, con ou sen a esfera recollida, debe regresar á zona de aterraxe.
- Regresa á zona de aterraxe, 10 ptos. Solta a esfera, 10 ptos. Emite un sonido e quédase parado, 10 ptos.
Para que cada quen reciba a puntuación correspondente do seu equipo é imprescindible que envie nesta tarefa o enlace ó vídeo da misión aloxado na canle propia de YouTube. O vídeo terá título, descripción da misión indicando os compoñentes do equipo e cunha licencia Creative Commons - Recoñecemento - Non Comercial - Sen obras derivadas (CC-BY-NC-ND).
Situacións que poden producirse:
Se só se programa o robot como segueliñas, chega a zona de recollida de mostras e regresa á zona de saída a puntuación do reto será de 30 ptos. Se fai os pitidos inicial e final ademáis do percorrido de ida e volta serían 50 ptos.
Aclaración respecto da Nota Final do Curso: a nota deste reto (de 0 a 10) fará media coas dúas das anteriores avaliacións e o resultado será a nota que aparecerá na Avaliación Ordinaria.