II Concurso TECnoEBA de curtametraxes sobre Educación Viaria. 100 ptos. Data tope de entrega: 31 de maio ás 23:55.
Requisitos de finalización
Apertura: viernes, 14 de abril de 2017, 01:00
Cierre: lunes, 15 de mayo de 2017, 00:55
Envía (1) o enlace hiperenlazado (2) á curta elaborada polo teu equipo e aloxada na túa canle de Youtube (o mesmo vídeo debe estar aloxado en cada unha das vosas canles de YouTube).
Cando subades a curta a YouTube nomearédela co seu Título e na Descripción tendes que indicar:
Curta sobre educación viaria realizada por (Nome e Apelido de cada un dos compoñentes do equipo) para a materia de Tecnoloxía do IES Eduardo Blanco Amor.
Curso académico 2016-17.
Profesor: Ángel Acción Lamas.
Licencia: CC-BY-NC-ND.
Breve resume da historia que narrades na curta (sinopsis).
E escolleredes no lugar oportuno a Licencia Creative Commons e non a de YouTube standard.
O vídeo terá unha portada co Título e unhs créditos finais onde incluiredes:
- Título.
- Autores (Nome e Apelido)
- Actores se os hai, indicando Nome e Apelido así como o papel que interpreta.
- IES Eduardo Blanco Amor
- Tecnoloxía 2016-17
- Profesor: @angelaccion
A duración da curta será maior de 1 minuto e menor de 5.
A temática será a máis próxima á vosa idade e procurará tratar situacións nas que poidades encontrarvos como:
- Camiñar cos cascos e música a toda pastilla ó mesmo tempo que ides wasapeando no momento de cruzar unha rúa, aínda que sexa por un paso de peóns.
- Camiñar polo arcén con pouca luz e roupa escura.
- Ir de paquete sen casco nunha moto.
- Facer tolerías coa moto ou coa bicicleta.
- Circular pola rúa coa bicicleta, ou pola beirarrúa (respecto ós peóns).
- Cruzar rúas ou vías do tren por sitios indebidos.
- Ir correndo pola beirarrúa e cruzar por un paso de peóns.
- Ir no coche sen o cinturón de seguridade.
- Xogar e gritar dentro do coche despistando ó conductor.
- ...
A técnica é totalmente libre:
- Grabación co móbil ou cámara.
- Con persoas recoñecibles ou non (Os menores de 14 anos precisan autorización paterna).
- Con monecos, recortables, plastilina, ...
- Edición de vídeo a partires de imaxes fixas.
- Realizadas por vos.
- Atopadas en internet, terán licencia CC, buscádeas en Flickr ou en Google seleccionando imaxes para reutilización.
- Con son ou sen él.
- Con narrador, con subtítulos, o con ningún deles.
- Tamén podes empregar recursos dixitais como Tellagami, Animoto, ... para facer o teu vídeo dixital. (Neste caso tendes que comentalo co profesor).
Inspírate e aprende ollando os
deste Concurso.
A Constitución Española e a Lei de Proteción de Datos establecen unha especial protección da identidade persoal polo que a publicación de calquera dato (imaxe, voz, nome, enderezo, etc.) debe ser autorizada polo afectado, no caso de menores de 14 anos polos pais ou titores legais.
Independentemente de que saiades na vosa curtamentraxe convén que os vosos pais estéan ao tanto das vosas realizacións e por iso a Autorización de Publicación en YouTube é obrigatoria para todos/as.
Se nun equipo un membro non conta coa autorización debida ninguén podedrá publicar na súa canle a curtametraxe. Neste caso cada un dos autores enviará o enlace á carpeta de equipo de Drive onde teña gardado o vídeo. Será avaliado pero non participará nos Concursos.
(1) Escribe na caixa de texto que aparece cando cliques en "Editar o meu envío" situado abaixo desta tarefa
(2) Para que un texto ou dirección quede hiperenlazado e calquera ó clicar nel vaia directamente ó enlace:
- Entra na túa canle de YouTube, reproduce o vídeo e copia a url ou dirección que aparece enriba.
- Na caixa de texto de "Editar o meu envío" escibe o título que lle puxestes ó vídeo.
- Selecciónao.
- Clica no botón das cadeas situado na barra de ferramentas.
- Na xanela que se abre cola (pega) a url ou dirección do vídeo (que xa copiache) na primeira casilla.
- Escolle en "Destino" "Nueva ventana".
- Garda.
- Observarás que o texto ou url mudou a súa cor, agora é azul.
- Garda ou "Envía".
Comproba que funciona, se non fose así edítao e corrixe.
Criterios de Cualificación (máximo 100 puntos):
- Participación na realización do vídeo: 20 ptos.
- Título ao comezo do vídeo. 10 ptos.
- Créditos ó final do vídeo segundo instrucións arriba indicadas. 10 ptos.
- En YouTube: Título (10), descripción (10), sinopsis na descripción (10) e licencia Creative Commons (10). 40 ptos.
- Envío do enlace hiperenlazado (azul) ó vídeo grupal aloxado na canle persoal: 20 ptos.
Esta tarefa pemanecerá aberta para o envío dos vosos enlaces ata o 31 de Maio ás 23:55 horas. Pero para participar no concurso da Biblioteca deberedes envialo antes do 14 de maio ás 23:55.