Tarefa 3.3: Enlace ao vídeo da Práctica 5 de Arduino aloxado en YouTube. (50 ptos). Data tope de entrega: 28 de maio ás 23:55.
Para a realización da práctica ARDUINO 5 empregade esta presentación que vos facilitará o poder realizala nunha única sesión.
Realizade unha copia da mesma e gardádea na vosa carpeta de equipo.
O comezo do código do IDE Arduino tédelo na diapositiva 4, a continuación (fase 2) na diapositiva 3, agora so vos queda completar as fases 3 e 4.
Redistribuide o equipo de xeito que a metade realice a presentación e introduza o código no IDE Arduino mentres a outra metade monta o circuito.
Realizade a foto e o vídeo para aloxalos na carpeta de equipo. Logo cada quen o aloxará na súa canle coas indicacións abaixo indicadas.
Envía o enlace hipervinculado ao texto "Vídeo da Práctica 5 de Arduino do equipo Y do curso 3ºX aloxado na canle de Nome Apelido" .
Criterios de cualificación, 50 ptos.
- Respecto do envío:
- Enlace hipervinculado (azul). 5 ptos.
- O enlace ten información de accesibilidade (ao colocar o cursor enriba aparece a mensaxe: "Ligazón ao vídeo. Abre en xanela nova"). 5 ptos.
- O enlace abre en xanela nova. 5 ptos.
- Respecto do vídeo:
- Vídeo do equipo. 5 ptos.
- Título: "Semáforo dun cruce de rúas con Arduino". 5 ptos.
- Descripción (información básica): "Práctica 5 de Arduino consistente na programación semafórica dun cruce de rúas realizado polo equipo Y de 3ºX formado por ...". 10 ptos.
- Configuración avanzada:
- Deshabilitar comentarios. 5 ptos.
- Licencia CC-BY (Creative Commons - Atribución). 10 ptos.
Cada alumno envia o seu enlace nesta tarefa. O vídeo estará na canle persoal de YouTube. NON SE PODE ENVIAR O ENLACE OS VÍDEO DUN COMPAÑEIRO. Todos tedes que facer o mesmo proceso.
Se no vídeo non se comproba a autoría (nomes, equipo, ...) a nota será 0.
Baixo o vídeo debe aparecer unha información similar a esta (coas modificacións oportunas respecto do título e autores):