2.1. Actividade Aula Informática. Prácticas de Electricidade co Simulador Crocodile. (Reaberto ata o 23 de abril ás 23:55, con desconto)
Requisitos de finalización
Apertura: lunes, 9 de enero de 2017, 00:00
Cierre: domingo, 29 de enero de 2017, 23:55
Actividade por SemiEquipos (cada equipo divídese en dous). 100 ptos.
Realizarase na Aula de Informática ao longo de 3 sesións.
Na Presentación de Drive "Plantilla PrácticasCrocodile_3XEY" (enlace editable) tedes as 10 prácticas a realizar. En cada unha delas pídesevos que simuledes no Crocodile un circuíto eléctrico que, unha vez feito, deberedes copiar-colar na mesma presentación.
Proceso:
- Clica no enlace e garda a presentación no cartafol de equipo en Drive (con que o faga un é suficiente).
- Dividide o equipo en 2 e personalizade a Presentación: poñede os nomes e cambiade o título da Presentación eliminando "Plantilla" e axustando o curso e grupo.
- Abride o Crocodile e ide facendo as prácticas. As montaxes que coledes na presentación deben ter os interruptores pechados.
- Cando un SemiEquipo remate as súas prácticas, cada compoñente fará unha copia da Presentación e gárdaraa no seu cartafol persoal modificando o título do seguinte xeito: NomeApelido_PrácticasCrocodile_3XEY
- A tarefa será corrixida cando enviedes nesta tarefa o texto: Xa rematei e podes avaliar as prácticas accedendo ao meu cartafol persoal en Drive (non copiedes este texto, tédelo que escribir). Data de entrega para cualificación máxima: 29 de xanerio, para entregas posteriores descontaranse 5 ptos por semana.
Criterios de Cualificación (100 ptos):
- Presentación con 10 prácticas, 10 ptos. por práctica correctamente realizada.
- A ausencia a unha sesión implica non asinar o circuíto e non puntuar polo mesmo.
- Se non entregades esta tarefa axustándovos á mensaxe será calificada con 0 ptos.
Primeira entrega ata o 5 de febreiro. Desconto por retraso: 10.