Tarefa debuxo 3D. Sketch UP
Requisitos de finalización
Apertura: lunes, 14 de noviembre de 2016, 00:00
Cierre: domingo, 4 de diciembre de 2016, 23:55
Tarefa debuxo 3D. Sketch UP
Localiza na web 3D Warehouse a canle de Pedro Landín (pelandintecno) e a súa colección "Diédrico - Figuras Obtención Vistas ortogonales" e escolle a túa para debuxar no Sketch Up do ordenador.
Cando teñas escollida a túa peza clica na icona de "Orbitar" (View in 3D WebGL viewer) para poder movela e vela dende calquera ángulo.
Cando abras o Sketch Up (a versión Make nos equipos do instituto) escolle a Plantilla de milímetros.
As pezas non teñen dimensións polo que acordamos que todas deben partir dunhas dimensións iniciais de 60x60x60 mm.
As pezas deben acotarse.
Cando remates:
- Garda como 1617_3XY_NomeNome_sketchup_1.skp (X: A, B, ..., F) (Y: 1, 2, ..., 5) (skp: extensión dos arquivos editables de Sketch Up)
- Exporta 2D co nome 1617_3XY_NomeNome_sketchup_1.png (X: A, B, ..., F) (Y: 1, 2, ..., 5) (png: extensión de arquivos imaxe)
- Garda os dous arquivos na túa carpeta 3D aloxada na carpeta persoal compartida co profesor.
Criterios de cualificación (máximo 60 ptos):
- Arquivo png co nome solicitado na carpeta 3D. 10 ptos.
- Arquivo skp co nome solicitado na carpeta 3D. 10 ptos.
- Peza rematada. 20 ptos.
- Peza acoutada (exactitude das medidas). 10 ptos.
- Entrega nesta tarefa do enlace á carpeta 3D. 10 ptos. (Este apartado so para entregas en prazo, antes do 4/12/2016).