BlocksCAD_1. Trofeo albanelería.
Entrega nesta tarefa o enlace á imaxe gardada na túa carpeta persoal de Drive. O enlace debe estar hiperenlazado (ao clicar debe abrirse a imaxe).
Esta sesión formativa desenvólvese do seguinte xeito:
Cada alumn@ crea unha carpeta chamada 3D dentro da súa carpeta persoal compartida conmigo de Drive.
Tarefa por parellas, abrides BlocksCAD e un de vós rexístrase.
Logo dunhas pequenas indicacións sobre o funcionamento do programa seguimos esta PRESENTACIÓN para deseñar o noso "trofeo ao mellor albanel" (a peza a debuxar é un ladrillo sobre unha peana tórica).
Antes de rematar a sesión fai unha captura de pantalla e gárdaa na carpeta 3D creada anteriormente. A captura debe chamarse: 1617_3XY_NomeNome_blockscad_1.jpg (ou .png) sendo X o grupo (A, B, ..., F) e Y o equipo (1, 2, ..., 5).
Envía nesta tarefa o enlace á citada imaxe.
- Clica embaixo en "Editar Entrega" (ábrese un cadro de texto).
- Vai ao teu Drive, localiza o arquivo de imaxe, botón dereito - Compartir, Obter dirección de enlace, Copiar.
- Volve á caixa de texto e pega a url. Selecciónaa, clica nas cadeas, volve pegar na caixa superior, escolle nova ventana e garda (a url xa se volveu azul).
- Envía ou garda a Tarefa.
- Comproba no cambio de pantalla o enviado, clica nesa dirección que deberías ver y teríase que abrir a imaxe. (Se non fose así, edita a tarefa e volve ler os pasos anteriores).
Criterios de cualificación (40 ptos):
- Envío de enlace hiperenlazado ao arquivo imaxe(10 ptos).
- Imaxe co nome axeitado na carpeta 3D dentro da carpeta persoal (10 ptos).
- Trofeo (ladrillo sobre peana tórica) 10 ptos.
- Trofeo (ladrillo con burato esférico sobre peana tórica) 20 ptos.
Para a 1ª Avaliación non se cualifiarán traballos entregados con posterioridade ao 4/12/16.