Acitividade por equipos. Adxudicación de parcelas a urbanizar.
Requisitos de finalización
Apertura: martes, 25 de octubre de 2016, 01:00
Cierre: martes, 1 de noviembre de 2016, 00:00
Chega o momento de coñecer as aliñacións da actuación urbanística onde nos tocará desenvolver a nosa parcela cun cruce de rúas reguladas por semáforos e pasos de peóns, pero este nivel de detalle xa virá.
A cuestión é que nesta ficha temos:
- O esquema de rúas e parcelas edificables no que terás que indicar os sentidos de circulación das rúas.
- O esquema de rúas e parcelas divididos por actuacións/equipos/maquetas nunha cuadrícula de 40 x 60 m.
-
- Engade unha fila superior seguindo a lóxica do representado.
- Sombrea a túa parcela/maqueta.
- Debuxa á dereita un croquis acoutado da túa parcela deducindo as dimensións da figura acoutada.
Por outra banda, realiza nun DIN A-4, con marxes e caxetín, o plano a escala 1/250 (emprego de escalímetro) da parcela/maqueta coa disposición de rúas asignada.
Criterios de cualificación (nota máxima 100 puntos):
- Sentidos de circulación: Lonxitudinal (10), Transversal (10).
- Sombreado da parcela/maqueta do equipo (10).
- Continuación da secuencia lóxica da urbanización, Fila Superior (10).
- Croquis da parcela (10).
- Acoutado do croquis (10).
- Din A4, Marxes e Caxetín (10).
- Representación centrada e a escala 1/250 do Perímetro da parcela (10).
- Representación das Rúas interiores da parcela (10).
- Nomes e Apelidos en maiúsculas tipo imprenta (10).
Lenda de corrección:
L - T - S - FS - C - A -- MC - P - R - NA
10 - 10 - 10 - 10 - 10 - 10 -- 10 - 10 - 10 - 10